Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Blows presenta Ejército de fantasmas

OS 12 TEMAS DO AGARDADO áLBUM SAEN EDITADOS EN 6 SINGLES E 2 EP'S

Blows presenta Ejército de fantasmas

ROCK | xuño 1, 2012

capa_deux_ex_machina.jpg

Tiran o "The" do seu nome e pasan a usar o castelán nas letras en troques do inglés como ata agora. Blows publican, logo de máis de dous anos de agarda, Ejército de fantasmas, o seu novo proxecto discográfico. Os doce temas, autoeditados, ven a luz nunha curiosa fórmula que inclúe a edición de 6 singles e 2 EP's co conxunto dos temas, que están a ver a luz desde mediados do pasado mes de maio a un ritmo de tres ou catro semanas cada un. A obra estará dispoñible na rede e sairá tamén nunha edición física ultralimitada.

Para alén da mudanza na lingua, o grupo presenta neste novo proxecto unha evolución no seu son, que se torna máis áspero e abandona ámbitos pop. Un concerto en La Fábrica de Chocolate, en Vigo, abre a xira de presentación do novo proxecto.

MULTIMEDIA
Deus ex machina no Bandcamp de Blows
MULTIMEDIA
Ira de Blows
datos do disco