Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Kathaarsys saca o seu novo traballo gravado en directo na Sala Capitol
Kathaarsys saca o seu novo traballo gravado en directo na Sala Capitol
outubro 19, 2011
O grupo compostelán de metal escuro progresivo Kathaarsys ven de sacar á rúa un novo traballo The Concept baseado na gravación do seu concerto na Sala Capitol de Santiago o 9 de outubro de 2010 dentro da xira “Intuition Tour”. The Concept preséntase nun formato de libro con CD e DVD da actuación en directo e está editado pola súa propia discográfica e produtora Silent Tree.
Ao longo das máis de cen páxinas do libro escrito en español con algúns textos en galego e con versión en inglés Jose L. Montáns, alma mater da banda, ofrece unha revelación dos significados máis herméticos nos que se manexa a música de Kathaarsys. No libro The Concept tamén achamos unha historia gráfica de Kathaarsys (incluíndo discografía con anotacións e comentarios, carteis de xiras e miscelánea fotográfica). O libro-disco pode adquirirse a través da web do grupo exclusivamente. Este é o quinto disco desta banda que ten unha multitude de seguidores a nivel internacional que lles aseguran xiras con ducias de concertos por toda Europa e América como a que mantiveron e narraron durante o ano 2010 para Culturagalega a través do blog Na estrada escura.
Tamén che pode interesar:
- 13/ 2/ 2020 | Monoulious DOP presenta o seu Black Album cun concerto en Compostela
- 13/ 1/ 2016 | O Festival Metamovida volve a Compostela
- 26/ 10/ 2015 | Liviao de Marrao presenta Que cada cão lamba a sua caralha
- 13/ 5/ 2015 | Carapaus retornan con Déixao andar...
- 29/ 12/ 2014 | Sokram debuta en solitario con Chuvia ácida