Isi Vaamonde Band lanza o seu primeiro disco
febreiro 7, 2012
Engadindo un Band ao seu nome, o músico cambadés afincado en Madrid Isi Vaamonde presenta o seu primeiro disco, Live in heartland. A obra gravouse nos estudios Abrigueiro de Guimarei coa banda a tocar ao vivo e foi autoproducido polo galego. Na liña dos seus anteriores EPs, Vaamonde mantén a súa aposta polo folk-rock americano con letras en inglés, e achega 12 temas habituais do seu repertorio, mesturando composicións orixinais con dúas versións de David Bowie (Heroes) e mais Inmaculate Fools (Wish you were here). Canda a Vaamonde, participan no proxecto Jesús Parra, Edu Pulpillo, Gonzalo Peñalosa, Jaime Caro e Volker Ledwig. A obra, autoeditada, está á venda por dez euros.
Isi Vaamonde Band - Live In Heartland - making of from isi vaamonde band on Vimeo.
Tamén che pode interesar:
- 4/ 6/ 2013 | Kérkennai volta con Un soño cotián de bolboretas
- 17/ 4/ 2012 | Víctor Aneiros Band e Julie Guravich lanzan un disco conxunto
- 18/ 11/ 2011 | Vaamonde, Lamas e Romero presentan O tambor de prata
- 15/ 4/ 2009 | Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco
- 13/ 8/ 2008 | Los Mecánicos gravan o seu primeiro disco cunha actuación en directo