Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Siniestro Total presenta o seu novo traballo Country & Western

TRáTASE DO DéCIMO OITAVO DISCO NA SúA TRAXECTORIA DE CASE TRINTA ANOS

Siniestro Total presenta o seu novo traballo Country & Western

ROCK | setembro 14, 2010

not_17468.jpg

Desde hoxe mesmo xa está nas tendas o novo disco de Siniestro Total Country&Western. Trátase do décimo oitavo LP da banda desde os seus inicios fai case trinta anos como referente do punk rock en Galicia. O disco foi gravado en Houston baixo a produción de Joe Hardy, que ten traballado con grupos como ZZ Top. Country & Western ofrece en 15 temas un paseo por este xénero musical estadounidense e inclúe un tema en galego, Quen me dera na casiña. En declaracións á axencia EFE os membros da banda aseguraron que está era o disco no que máis teñen falado de Galicia nas súas letras. O álbum sairá tamén en vinilo e o primeiro concerto de presentación terá lugar o 1 de outubro en Getafe (Madrid) no Macrofestival en Vivo.

MULTIMEDIA
Como el aceite y el Yang, estrea en RTVE

Estreno exclusivo del primer clip del nuevo disco de Siniestro Total


datos do disco