Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Ourense acollerá o Derrame Rock

A CITA, QUE SAE POR VEZ PRIMEIRA DE ASTURIAS, CELEBRARASE EN EXPOURENSE

Ourense acollerá o Derrame Rock

ROCK | xaneiro 12, 2011

imaxe non dispoñible

Por vez primeira, o festival Derrame Rock vaise celebrar fora de Asturias. O contorno do recinto de Expourense, na Cidade das Burgas, acollerá entre os vindeiros 23 e 25 de xullo as actuacións da XVI edición deste evento. Segundo os organizadores, entre 50 e sesenta grupos de rock e heavy visitarán a cidade durante o festival, e agárdase unha asistencia aproximada de 20.000 persoas.