Ataque Escampe presenta Violentos anos dez o seu novo disco
maio 4, 2011
Logo de apostar polo "decrecemento", o grupo Ataque Escampe presenta Violentos anos dez,o seu cuarto disco. Cunha aposta polos ritmos da música negra do sur do Estados Unidos, como o soul ou toques country, a banda achega letras menos sarcásticas do que en anteriores traballos. O disco, gravado no estudios Abrigueiro de Lugo, está autoeditado e achega dez temas, que se poden descargar de balde no web aregueifa.net baixo licenza Copyleft. Neste mesmo mes porase a venda a vesión física do disco, que achega as letras e mais un tema "freestyle". No seu blog, o grupo explica polo miúdo cada unha das cancións que inclúen neste traballo.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 4/ 2023 | Ataque Escampe volven de a cabalo do pasado en Cabalgata
- 2/ 1/ 2019 | Ataque Escampe lanza dous discos de rarezas para despedir 2018
- 15/ 2/ 2017 | Ataque Escampe entrega os seus Primeiros bicos
- 23/ 5/ 2014 | Ataque Escampe retornan con O disco vermello
- 21/ 5/ 2014 | Nace en Burela o festival Osa do mar