Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Metalicia pon na rede o seu segundo recompilatorio

O VOLUME RECOLLE TRABALLOS DE 26 BANDAS REXISTRADAS NESTA COMUNIDADE VIRTUAL

Metalicia pon na rede o seu segundo recompilatorio

ROCK | agosto 25, 2009

not_15274.jpg

Metalicia, a comunidade virtual galega dos amantes do Metal, acaba de subir á rede o segundo volume do seu recompilatorio. O disco, descargable totalmente de balde, achega traballos de 26 grupos rexistrados no web, dos cales só cinco repiten do primeiro volume, publicado en setembro de 2008. Os interesados en contar cunha copia física poden adquirir un Mini-CD con todos os temas de MP3 por só un euro nos diferentes locais especializados neste tipo de música.

datos do disco