Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Paracetamol olla o punk no seu Enfermedades comunes

LA IGUANA CLUB ACOLLE O VINDEIRO 4 DE XANEIRO A PRESENTACIóN DO áLBUM

Paracetamol olla o punk no seu Enfermedades comunes

ROCK | xaneiro 2, 2014

paracetamol_enfermedades_comunes.jpg

A mediados do pasado mes de decembro viu a luz Enfermedades comunes, o primeiro disco de Paracetamol. Este trío de punk-rock afincado a Vigo chega cunha fórmula na que o punk-rock se atopa co pop nunha liña que, con grandes toques de humor, recupera esencias de grupos como Siniestro Total ou Aerolineas Federales. Roque Cameselle, Coque Varela e Cristina Pena gravaron este seu primeiro proxecto en Oceano Estudios e mais no estudio Casero de Iván Ferreiro. O volume, editado por Rumble Records está dispoñible tamén en liña. A presentación oficial e estrea do grupo ao vivo será o vindeiro 4 de xaneiro en La Iguana Club de Vigo.

MULTIMEDIA
Enfermedades comunes en Bandcamp
datos do disco