Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Oito grupos de música explican nun vídeo por qué cantan en galego
Xénero:
| 30 / 5 / 2014Nao, Machina, Arrhythmia, Zenzar, Superoito, Familia Caamagno, Caiman do río Tea e Lydia Botana son os protagonistas do vídeo E ti porque cantas en Galego?. O blog Galegueando publicaba o pasado 16 de maio esta iniciativa coa que quere promover o rock na nosa lingua.
Invivo volta con Cárcavas
Xénero:
| 21 / 5 / 2014Tres anos despois do seu último traballo e con mudanzas no grupo, Invivo volta con Cárcavas. O terceiro álbum da formación compostelá achega once temas, na súa maior parte en galego, cos que a banda afonda na súa aposta polo metal e o trash con Roberto Filgueira como nova voz e Bruno Castro ao baixo. O disco,autoeditado,gravouse nos Pousada Son Estudios de Ames e preséntase ao público o vindeiro 24 de maio na sala TNT, en Compostela.
Acid Proyect volta con Where's Your God Now
Xénero:
| 6 / 5 / 2014Dez temas que, a partir do metal, percorren estilos como o rock, o grunge ou mesmo a psicodelia. O grupo ourensán Acid Proyect presentaba o pasado 3 de maio Where's Your God Now, o seu segundo disco. Un volume autoeditado no que as guitarras potentes e as voces desgarradas son protagonistas e co que o grupo pretende facer unha crítica aos tempos actuais.
O Caimán do Río Tea volta cun recompilatorio
Xénero:
| 2 / 5 / 2014Catorce hits remasterizados nos estudos de Javier Abreu compoñen Estou na lavadora o disco co que o grupo O Caimán do Río Tea volta para celebrar os vinte anos do seu nacemento. Éxitos como que dá nome ao disco ou Ven a bailar, coñecidos a través do Xabarín Club fan parte deste traballo e recolle temas dos discos que gravaron entre 1995 e 1998. Un concerto-festa en Ponteareas, vila natal do grupo, serviu o pasado día 26 para celebrar o lanzamento.
Esquíos retornan con Estamos aquí
Xénero:
| 29 / 4 / 2014Logo do falecemento o pasado ano de Moro, o seu vocalista, Esquíos voltan neste 2014 cun novo proxecto e cambios na formación. Estamos aquí é un traballo gravado ao vivo nos estudios da Radio Galega con nove temas propios e unha versión en galego de Dead Kennedys que estará dispoñible en maio. Polo momento, o grupo deu a coñecer xa dous temas de rock con toques de ska e anunciarán en breve as datas da xira de presentación.
NAO envía Cartas no caderno
Xénero:
| 10 / 4 / 2014Logo de rematar a xira de Cancións de amor de liberdade NAO presenta un traballo especial. Cartas no caderno é un EP que o grupo pon en libre descarga no seu web no que se poden escoitar temas propios canda a versións de temas como Os vampiros de José Afonso ou Je veux de Zaz, sempre co ton social das súas letras e co apoio de colaboradores como Mini da Quenlla en Acción galega. Logo dun descanso de varios meses, o grupo presentará o traballo nun único concerto o 26 de abril na compostelá sala Capitol que pretenden sexa unha festa para os seus seguidores. No recital a banda estará contará con Vicky Polard como acompañantes.
Un libro-CD recupera a historia de Los Contentos
Xénero:
| 1 / 4 / 2014Foron, en plenos anos oitenta, adiantados do son garage en Galicia. A banda luguesa Los Contentos volta á actualidade grazas ao libro Cuando ríes: Los contentos(unos malditos pioneros del Garage). Piti Sanz, un dos membros desta formación, rescata en colaboración con Luís Tosar e Fernando Fernández Rego a historia do grupo, a sinalar a influencia que este tivo en bandas posteriores. O libro acompáñase do disco Unknown Pirate: Live, unha gravación recuperada de cintas de cassete na que se amosa, sen cortes, o traballo do grupo ao vivo. O proxecto ve a luz da man de Xonix Records.
Crô! achegan Pera
Xénero:
| 25 / 3 / 2014A piques de saír do forno e xa en prevenda está o terceiro disco de Crô!. Pera, editado baixo o selo Metamovida achega oito temas gravados ao vivo nos madrileños Estudios Brasil. Segundo recoñecen os membros do grupo, o rock progresivo de anteriores traballos vese neste novo lanzamento influído por sons máis pop, con menos cambios de ritmo nos temas. A Sala Iguana de Vigo acollerá o comezo da xira de presentación o vindeiro 28 de marzo. A tourné continuará pola Casa Tomada da Coruña o día 29, Madrid o 11 de abril e o Liceo Mutante de Pontevedra o día 12.
Superoito chega con Todo me dá voltas
Xénero:
| 19 / 3 / 2014Logo dun ano desde o seu nacemento, o trío de Ordes Superoito presentan o seu primeiro traballo. todo me dá voltas achega trece temas de rock rápido con toques punk e ecos de grupos na liña de Herdeiros da Crus. O volume, autoeditado e dispoñible íntegro en Bandcamp, presentouse oficialmente o pasado 16 de marzo en Ordes. Agora o grupo continúa unha xira que os levará á compostelá Sala Moon o vindeiro día 21, à Taberna de Cerceda o 22 e ao coruñés Joana's Place o 28, como primeiras paraxes.
Ruxe Ruxe explora un mundo apocalíptico en Némesis
Xénero:
| 18 / 3 / 2014Un traballo conceptual que repasa a historia dalguén que esperta no medio dunha terceira guerra mundial que se manifesta na forma de crise económica. Tres actos nos que se repasan o crime, a corrupción, a rebelión e a falta de saídas. Ruxe Ruxe centra o seu novo traballo, Némesis, na problemática social a través da ficción. A sala Capitol de Compostela acolle o vindeiro 12 de abril a presentación do traballo, nun concerto no que os Ruxe estarán acompañados de Biribirlocke e que presentará Josito Porto.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música