Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Caimán do Río Tea volta cun recompilatorio

ESTOU NA LAVADORA RECOLLE 14 TEMAS DO GRUPO DE PONTEAREAS

O Caimán do Río Tea volta cun recompilatorio

ROCK | maio 2, 2014

estou_na_lavadora2_caiman_rio_tea.jpg

Catorce hits remasterizados nos estudos de Javier Abreu compoñen Estou na lavadora o disco co que o grupo O Caimán do Río Tea volta para celebrar os vinte anos do seu nacemento. Éxitos como que dá nome ao disco ou Ven a bailar, coñecidos a través do Xabarín Club fan parte deste traballo e recolle temas dos discos que gravaron entre 1995 e 1998. Un concerto-festa en Ponteareas, vila natal do grupo, serviu o pasado día 26 para celebrar o lanzamento.

datos do disco