Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Crô! achegan Pera

O GRUPO ESTREA A XIRA DO SEU TERCEIRO TRABALLO NA SALA IGUANA DE VIGO O VINDEIRO DíA 28

Crô! achegan Pera

ROCK | marzo 25, 2014

pera_cro_capa.jpg

A piques de saír do forno e xa en prevenda está o terceiro disco de Crô!. Pera, editado baixo o selo Metamovida achega oito temas gravados ao vivo nos madrileños Estudios Brasil. Segundo recoñecen os membros do grupo, o rock progresivo de anteriores traballos vese neste novo lanzamento influído por sons máis pop, con menos cambios de ritmo nos temas. A Sala Iguana de Vigo acollerá o comezo da xira de presentación o vindeiro 28 de marzo. A tourné continuará pola Casa Tomada da Coruña o día 29, Madrid o 11 de abril e o Liceo Mutante de Pontevedra o día 12.

MULTIMEDIA
Warms de Pera
datos do disco