Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Neverside abre fogo con This is our gun
Xénero:
| 3 / 9 / 2013Dez temas de metal sen concesións, ritmos acelerados e voces crebadas marcan o debut discográfico de Neverside. A banda viguesa autoedita e publica na rede This is our gun logo de catro anos de actividade, rexistarndo cancións en inglés como chop.cut.love.kill., Fixin' ou The List of Lives I've Broken. A vindeira cita para os escoitar será no Monte do Castro vigués nun concerto compartido con Os Vacalouras o vindeiro día 13 de setembro.
Fina en Vigo o músico Álex Lago
Xénero:
| 19 / 8 / 2013Onte finaba en Vigo o baixista Álex Lago despois dunha longa enfermidade. O músico formaba parte do grupo vigués The blows, formación que en xaneiro deste ano decidiu deter este proxecto para iniciar outro, La guerra del fuego. Lago levaba loitando contra o cancro desde 2010 e en decembro de 2011 protagonizou un concerto no que pariciparon Iván Ferreiro, Silvia Superstar ou Eladio y los Seres Queridos, entre outros grupos, para recabar fondos co fin de sufragar un tratamento personalizado contra a enfermidade.
Liska! debuta con Sonhos de raiva
Xénero:
| 6 / 8 / 2013Nado aínda en 2011, o grupo Liska! lanza o seu primeiro CD. Sonhos de raiva achega dez temas de denuncia social a ritmo de ská, reggae e punk, entre eles unha cantiga de 1972. Os once membros que participan na banda garanten un son potente e cheo de matices, cunha potente base de metais. O volume, autoeditado gravouse en Muu! Estúdios e e foi producido polos estudios e mais por Liska! produçons.
Esquíos publica para libre descarga Porcocan
Xénero:
| 24 / 7 / 2013O grupo de punk-rock Esquíos acaba de publicar no seu web unha ligazón para descargar de balde Porcocán, o seu último traballo. Con esta acción, o conxunto pretende homenaxear a Miguel Ángel Castro, o seu vocalista, que faleceu a finais do pasado mes de xuño en plena xira de promoción deste traballo. Segundo explican no web, aínda que non tiñan pensado pór o volume en libre descarga "o que máis queremos é que o traballazo que fixo Moro no mesmo chegue a máxima xente posible".
Astarot celebra os seus 30 anos con Séptimo pecado
Xénero:
| 22 / 7 / 2013Once composicións de Carlos Gandón e mais catro versións de temas galegos como Xirarei, O tren ou Adeus ríos, adeus fontes compoñen o novo disco de Astarot. O grupo do Morrazo celebra os seus trinta anos con Séptimo pecado un volume no que alterna galego e castelán e onde os temas propios collen protagonismo. Gravado nos Estudios Musitrón de Madrid, o álbum conta coas colaboracións de Rosa Cedrón e Joaquín Padilla. O grupo está a desenvolver este verán a xira de presentación, que os levará a Ribeira (24 de xullo), Cesantes (26), Poio (27) ou Sada (14 de agosto) entre outras datas.
Aphonnic cumpre dez anos de discos con Heroes,
Xénero:
| 19 / 6 / 2013Catro anos depois do seus 6 bajo par a banda viguesa Aphonnic volta co seu novo traballo. Heroes é o título do cuarto álbum do grupo, que mantén o seu son de guitarras intensas no que se integran melodías e letras coidadas nas que a actualidade máis inmediata atopa o seu oco. Os once temas graváronse nos estudios Poison Apple de Lisboa, con produción de Dani Obenza, e mesturounos Paul Leavitt mos Valencia Recording Studios de Estados Unidos. O grupo optou pola fórmula do crowdfunding para financiar o lanzamento, superando amplamente os 6.000 euros que solicitaba de apoio.
Músicos á beira do mar
Xénero:
| 6 / 6 / 2013Retratar grupos de rock da Cidade Olívica nalgún punto da Ría de Vigo. Baixo estas sinxelas premisas o fotógrafo Áitor NOVA botou a andar o proxecto Rock`n`Ria. Polo momento, unha vintena de formacións xa están retratadas á beira ou mesmo dentro do mar. NOVA sinala no seu web que pretende compilar este proxecto no futuro en forma de libro ou de exposición, e polo momento deixa as súas imaxes baixo dominio público con licenza Creative Commons CC BY-ND 3.0, que premite o seu emprego citando o autor.
Pito de Pikasso volta con Arrock con chícharos
Xénero:
| 15 / 5 / 2013Dous anos despois do último traballo, os composteláns Pito de Pikasso presentan Arrock con chícharos, terceiro disco da formación. O novo álbum, autoeditado, foi gravado no Laboratorio Soyuz e achega doce temas de punk rock en galego. O disco presentarase o vindeiro sete de xuño cun concerto na compostelá Sala Capitol no que tamén estarán Vicky Polard.
Forraje lanza Quejidos que no escucha nadie
Xénero:
| 14 / 5 / 2013A Sala Moon de Compostela acolle este xoves, a partir das 22 horas, o concerto de presentación de Quejidos que no escucha nadie, o cuarto disco de Forraje. A banda da Pobra do Caramiñal lanza o álbum da man de Warner Music Spain e coa produción de Kolibrí Díaz, de Marea. Dez temas de rock con letras coidadas e un grande protagonismo das guitarras que conta con colaboracións como a de Robe, de Extremoduro. O concerto contará tamén coa participación de Memoria de Pez, grupo que presenta Tocar madera, o seu novo disco.
Esquíos lanzan Porcocan
Xénero:
| 10 / 5 / 2013O sexto disco de Esquíos está xa na rúa e mais na rede. Porcocan mantén o ton punk-rock do grupo en 12 temas cheos de enerxía e con grandes doses de crítica social. O grupo desenvolvera unha campaña de crowdfunding para financiar este proxecto, que finalmente non conseguiu fondos abondos para cubrir os gastos de lanzamento. O volume foi gravado nos estudios Abrigueiro, e os primeiros concertos de presentacion serán o 25 de maio no Pub Gañetes da Estrada e o día 31 en Pontemuiños, Pontevedra.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música