Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Esquíos lanzan Porcocan

O DISCO PRESENTARASE O VINDEIRO 25 DE MAIO NA ESTRADA

Esquíos lanzan Porcocan

ROCK | maio 10, 2013

capa_porcocan_esquios.jpg

O sexto disco de Esquíos está xa na rúa e mais na rede. Porcocan mantén o ton punk-rock do grupo en 12 temas cheos de enerxía e con grandes doses de crítica social. O grupo desenvolvera unha campaña de crowdfunding para financiar este proxecto, que finalmente non conseguiu fondos abondos para cubrir os gastos de lanzamento. O volume foi gravado nos estudios Abrigueiro, e os primeiros concertos de presentacion serán o 25 de maio no Pub Gañetes da Estrada e o día 31 en Pontemuiños, Pontevedra.

MULTIMEDIA
Porcocan en Bandcamp
MULTIMEDIA
Vídeo de O baile do parado, de Esquíos
datos do disco