Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Músicos á beira do mar

ÁITOR NOVA RETRATA GRUPOS VIGUESES NO PROXECTO ROCK`N`RIA

Músicos á beira do mar

ROCK | xuño 6, 2013

imaxe non dispoñible

Retratar grupos de rock da Cidade Olívica nalgún punto da Ría de Vigo. Baixo estas sinxelas premisas o fotógrafo Áitor NOVA botou a andar o proxecto Rock`n`Ria. Polo momento, unha vintena de formacións xa están retratadas á beira ou mesmo dentro do mar. NOVA sinala no seu web que pretende compilar este proxecto no futuro en forma de libro ou de exposición, e polo momento deixa as súas imaxes baixo dominio público con licenza Creative Commons CC BY-ND 3.0, que premite o seu emprego citando o autor.

Galería: Rock`n`Ria
Blue Jeans na Cala de Lourido
Eladio y los seres queridos na Estación Marítima
Stoned at Pompeii en Punta Aradouro
Os Vacalouras na Punta da Guía