Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Los Suaves conmemoran a súa Xira dos Mil Concertos cun álbum de luxo

DOUS DVDS, UN CD E UN LIBRO COMPOñEN O úLTIMO LANZAMENTO DA BANDA

Los Suaves conmemoran a súa Xira dos Mil Concertos cun álbum de luxo

ROCK | novembro 22, 2013

los_suaves_gira_mil_conciertos.jpg

Un documental, un DVD de actuacións en directo, un CD e un libro con relatos, fotografías e outros contidos extras compoñen o último lanzamento de Los Suaves. Gira de los mil conciertos recolle unha selección dos recitais da última tourné da veterana banda, na que recuperaron temas dos seus discos dos anos 80 e 90. O documental Viaje al Fin de la Noche recolle actuacións do recital Los Suaves - La Reunión no que participaron antigos compoñentes da banda ou do concierto que deron en ourense baixo o pseudónimo Los Ásperos. Madrid, esta mesma noite, Aranda del Duero mañá e Logroño o día 29 son as vindeiras paradas da banda.

datos do disco