Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mauna Loa, a consolidación de Guerrera

MATAPADRE PUBLICA O SEGUNDO áLBUM DO GRUPO, GRAVADO NA CORUñA

Mauna Loa, a consolidación de Guerrera

ROCK | marzo 12, 2014

mauna_loa_guerrera.jpg

Formado por antigos compoñentes de Ictus, Holywater, Cuzo, Cró! ou Disappointment, Guerrera saíu á luz cun primeiro álbum autoditado en 2013. Agora a discográfica compostelá Matapadre incorpora o grupo ao seu catálogo con Mauna Loa, o seu segundo traballo. Gravado nos estudios coruñeses Montealto, o volume, editado en vinilo, achega un único tema de máis de 45 minutos dividido nas caras Montaña y Fuego e mais Magma y trueno, no que se mesturan "stoner, psicodelia, blues e rock clásico", segundo resume a discográfica. A Iguana en Vigo acollerá a presentación do álbum o vindeiro 4 de abril, e a xira continuará pola Casa Tomada da Coruña o día 5 para seguir por Madrid e Euskadi.

MULTIMEDIA
Make me feel de Guerrera
datos do disco