Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Novedades Carminha gozan dunha Juventud infinita co seu novo traballo

OS COMPOSTELáNS BUSCARáN O PROTAGONISMO NO 2014 PRESENTANDO EN DIRECTO O NOVO DISCO

Novedades Carminha gozan dunha Juventud infinita co seu novo traballo

ROCK | marzo 4, 2014

capa_juventud_infinita.jpg

Tres anos despois do seu exitoso disco Jódete y baila a irreverente banda punk compostelá Novedades Carminha presenta o seu novo álbum de estudio da man de Ernie Records. Juventud infinita ofrece dez temas mais un “extra”, a maioría cantados en castelán a excepción dun tema en galego Non quito o chandal e outro en francés Et moi, et moi, et moi , orixinal do cantautor Jacques Dutronc. Segundo a súa discográfica con este disco Novedades Carminha evolucionan “cara terreos musciais onde a contundencia do garaxe de factura lo-fi dáse a man co pop máis pegadizo, con tintes de psicodelia e punk a partes iguais”. O disco foi gravado e producido por Ángel Kaplan en Xixón e a m,aterización correou a cargo do estudio londiniense de Noel Summerville. Durante este ano a banda percorrerá os escenarios para presentar este traballo tan agardado dada a sona que acadaron desde o anterior álbum e o recoñecemento por parte da prensa especializada e da crítica grazas aos seus contundentes directos. Cos temas deste disco avanzan a súa intención de chegar tamén ás “pistas de baile”.

MULTIMEDIA
Juventud Infinita
datos do disco