Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Cazador aposta polo deseño para o seu primeiro lanzamento

O EP HOMóNIMO PRESéNTAS NUNHA CAIXA CUN CARTUCHO E UN LAPIS USB

Cazador aposta polo deseño para o seu primeiro lanzamento

ROCK | febreiro 12, 2014

Cazador_ep_capa.jpg

O grupo Cazador, formado con antigos membros de Yoplay e Noise Project, presenta o seu primeiro EP. Cazador achega tres temas cun orixinal envoltorio, xa que se remite nun paquete cun coidado deseño no que se inclúe un lapis USB cos temas, un vídeo e a capa do traballo acompañados dun cartucho de caza. O grupo presenta un son que remite ao rock psicodélico dos anos setenta con toques escuros. O EP, que se gravou o pasado outono e que pode escoitarse en Bandcamp, está á venda por oito euros e comeza a súa distribución este mes.

MULTIMEDIA
Cazador
datos do disco