Quiosco: Salghadoiro nº3

A revista de cultura atlántica presenta este venres a súa terceira entrega semestral

  • Este venres á tarde, na Galería Besada de O Grove terá lugar a presentación do terceiro número da revista semestral Salghadoiro. A publicación meca volve centrarse no talento creativo grovense nas artes plásticas, a literatura o deseño ou as ...

Falece o escritor de orixe valdeorrense José María Pérez Álvarez

O autor tiña unha extensa obra en castelán e en galego publicou a novela 'En perigo de extinción' con Positivas

  • Este 24 de decembro morría aos 73 anos de idade o prolífico escritor José María Pérez Álvarez, coñecido como 'Chesi'. O autor, nacido en O Barco de Valdeorras en 1952, tiña unha extensa obra de narración novelística e curta, escrita na súa...

O Concello de Carballo faise con case duascentas obras do desaparecido artista Manuel Facal

Este sábado asinarase un convenio coas herdeiras polo cal parte dese legado cédese e parte véndese ao Concello

  • Case duascentas obras do artista Manuel Facal Ponte (Carballo, 1943- 2024) pasarán desde este sábado a formar parte do patrimonio público municipal do seu concello natal como era vontade do artista, pero que non se chegou a levar a fin en vida del...

O Museo Etnolóxico de Ribadavia percorre a vida e obra de Chamoso Lamas

A exposición recolle a contribución do historiador á defensa do patrimonio arqueolóxico e histórico

  • O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle desde hoxe a exposición "Manuel Chamoso Lamas na mirada", que ofrece un percorrido gráfico pola vida e traballos deste historiador e arqueólogo decisivo para comprender a xestión, investigación e protecci...

Sheila Patrícia presenta 'Epifanía'

O terceiro traballo da artista supón un punto de transformación cunha perspectiva esencialista

  • Sheila Patricia ven de presentar estes días en concerto o que é o seu novo traballo discográfico de longa duración, o terceiro, 'Epifanía' (Xeitosa Producións). Para a artista trátase dunha volta ao esencial, que coloca de novo no centro o ac...

O Museo dos Naufraxios de Camariñas dá un paso decisivo para a súa creación

Deputación da Coruña e Concello asinan o convenio para a restauración estrutural da antiga lonxa

  • O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, deron onte un paso en firme para levar a bo fin o proxecto do Museo dos Naufraxios na localidade costeira que leva sobre a mesa varios ano...

Calendario de Festas Tradicionais Galegas 2026

O contido de Culturagalega.gal pódese integrar nas axendas persoais mediante Google Calendar

  • Xa está dispoñible na rede o Calendario de Festas Tradicionais Galegas de Culturagalega.gal para 2026. A ferramenta permite saber as datas de celebración de festividades como Entroido e das principais romarías con data variable que se celebran no...

Máis castros de a cabalo entre dúas épocas

Intervencións arqueolóxicas na Croa de Posmarcos, Teso da Ermida, Barbude e a illa de Tambo

  • Decembro está dando conta das últimas campañas arqueolóxicas do ano promovidas pola Consellería de Cultura. Desta volta, a intervención valorativa na Croa de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal) permitiu confirmar a existencia dun poboado fortific...

As últimas achegas do Ano Castelao

Un audiolibro que reúne 'Retrincos' e 'Un ollo de vidro' e unha exposición na Coruña sobre a consecucións do Estatuto poñen o colofón a un ano de actividades

  • A piques de rematar o Ano Castelao aínda quedan algunhas propostas que veñen engadir posibilidades de achegamento ao coñecemento da vida e obra do escritor, ilustrados e político rianxeiro. É o caso da exposición titulada 'Camiño ao Estatuto, ...

Falece o actor Celso Bugallo

Foi un dos secundarios con máis presenza do cine español das últimas décadas

  • Co solsticio de inverno chegou a mala nova da morte dun dos grandes intérpretes secundarios do noso audiovisual. En Pontevedra falecía aos 78 anos Celso Bugallo Aguiar (Vilalonga, Pontevedra, 1947). O actor, un dos secundarios máis emblemáticos e...

O Pórtico tal e como o viron os ollos de Mateo

O proxecto Kosmotech_2000 reconstrúe nun vídeo a fachada orixinal do Pórtico da Gloria e a policromía dos seus profetas

  • A construción da gran fachada barroca da catedral de Santiago transformou o xeito no que desde o século XIII as xentes se achegaban á maxestosa fachada deseñada polo Mestre Mateo. Agora, un audiovisual producido polo CCG e elaborado polo proxecto...

Quiosco: Clara Corbelhe 5

A presentación da entrega coincide coa posta en marcha do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos

  • Este mes de decembro de 2025 chega ás rúas o número 5 da revista Clara Corbelhe . O lanzamento coincide coa transformación da entidade editora, o Espaço Clara Corbelhe, no Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos. A nova entidade su...

Novas voces critican as mudanzas na Lei de Patrimonio

A Plataforma de Profesionais da Arqueoloxía a e a Facultade de Historia da USC denuncian a transferencia de competencias aos concellos

  • A transferencia aos concellos de competencias sobre patrimonio cultural que establece a Lei de acompañamento aos orzamentos autonómicos continúa a erguer críticas. Despois do informe que presentou o Consello da Cultura Galega ao respecto, agora s...

Nove autores galegos con obra na Biblioteca Nacional pasan ao dominio público en 2026

A BNE actualiza o seu listado de autores cos dereitos caducados e inclúe a galegos como Xosé Baña, Juan Tizón ou os compositores Enrique Lens e Manuel Prieto

  • Como xa é habitual cada final de ano a Biblioteca Nacional de España fai pública a actualización do listado de autores presentes nos seus arquivos cuxa obra pasa a dominio público ao cumprirse 80 anos do falecemento destes no ano 1945. Nun lista...

O Parlamento declara o 2026 como 'Ano Otero Pedrayo'

A declaración obtivo o consenso de todos os grupos parlamentarios

  • O Parlamento de Galicia declarou este mércores o ano 2026 como 'Ano Ramón Otero Pedrayo', ao celebrarse o 50 aniversario da súa morte e o centenario da publicación da Guía de Galicia. Na declaración institucional celebrouse a Pedrayo como "unha...

Presentan a primeira Bienal de Artes Vivas de Pontevedra

A cita estival alternarase coa recuperada Bienal de Arte e terá no Convento de Santa Clara a súa sede central

  • No vindeiro ano 2026 a primeira edición da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra collerá o relevo alterno da Bienal de Arte que volveu iniciarse este ano e cuxa seguinte edición terá lugar en 2027. O Convento de Santa Clara será a sede desta propo...

Premio Nacional de Artesanía para o torneiro Aitor Martínez

O proxecto 'Artesanía no Prato' da Fundación Artesanía de Galicia tamén obtén un recoñecemento nos galardóns estatais

  • O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornaría de madeira, especializado no uso do freixo galego resultou gañador na categoría Produto da XVIIIª edición dos Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Minist...

Unha exposición no MUNCYT explora a relación da Coruña co escravismo

A Coruña: Porto Negreiro pode verse ata o vindeiro 28 de febreiro

  • Este 18 de decembro abre as súas portas no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Cidade Herculina a exposición A Coruña: Porto Negreiro . Segundo sinala a institución, este proxecto "propón unha revisión crítica da memoria colonial da cid...

Premio José Sellier da Academia Audiovisual para AGAPI

Recoñécense o carácter pioneiro da asociación e o seu papel vertebrador do sector

  • A Academia Galega do Audiovisual ven de entregar o XIV Premio José Sellier á Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), en recoñecemento á súa traxectoria exemplar, ao seu carácter pioneiro e á súa contribución decisiva á const...

A Fundación Didac pon en marcha o proxecto AVISTA con tres xornadas de actividades

Dá visibilidade ao traballo de mulleres xestoras e creadoras na cultura e nas artes

  • A Fundación DIDAC comeza hoxe as actividades do proxecto AVISTA, que ten como obxectivo dar visibilidade ao traballo das mulleres artistas e creadoras no eido da cultura, as artes e o deseño. Este proxecto que funcionará en paralelo como unha canl...