Fotografías do Camiño Portugués protagonizan a nova exposición do Gaiás

O proxecto abriu as súas portas este 28 de outubro e poderá verse ata o 17 de abril

  • O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez inauguraba na tarde deste 27 de outubro no Museo Centro Gaiás O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra . A última grande exposición do ano da Cidade da Cultura explora esta ruta de peregrinación ...

O LAV.Mov retorna a Vedra

O programa inclúe obradoiros, proxeccións e o certame de curtas #AFumeDeCarozo

  • Despois da ausencia do pasado ano por mor da pandemia, a Asociación Senunpeso celebra entre o 29 e o 31 de outubro unha nova edición do seu LAV.Mov. O Laboratorio Audiovisual de Vedra, centrado na formación e a creación audiovisual, inclúe no se...

O 'maré'21' é moito máis ca cantos

Ofrece esta semana máis de trinta concertos de artistas de dez países en catro días

  • O festival que foi anteriormente Cantos na maré, inicia esta semana en Santiago de Compostela unha nova e ambiciosa etapa, co nome transmutado de 'maré 21' para a súa XVII edición, a meirande do seu percorrido, e incluíndo propostas máis alá d...

The Rapants gañan o concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans Salas

Os de Muros acadaron a vitoria tras da súa audición no Festival da Luz e Catuxa Salom quedou segunda

  • A enerxía da banda muradana The Rapants fíxolles gañar o primeiro premio no concurso de bandas galegas emerxentes Sonidos Mans Salas, o certame organizado pola Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e coa colaboración da Deputaci...

A importancia de picar música galega a debate

Abre hoxe o Iº Foro sobre o papel dos pica discos na difusión da música galega da man de Carlos Crespo

  • O xornalista e pica-discos Carlos Crespo presentou o "I Foro sobre o papel dos disc-jóckeys na difusión da música galega", unha iniciativa que xurde ao amparo do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta. Na Alameda de Vilagarcía de Arousa re...

Viñetas desde o Atlántico celebra a súa nova edición a ollar os 25 anos

A Coruña acolle o salón da novena arte entre o 9 e o 15 de agosto

  • O Concello da Coruña acollía na mañá deste 27 de xullo a presentación do vixésimo cuarto Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que se desenvolverá na cidade entre os vindeiros 9 e 15 de agosto. Miguelanxo Prado, director ...

'Eles transportan a morte' seleccionada para a Semana da Crítica de Venecia

A ópera prima de Helena Girón e Samuel Delgado competirá neste certame paralelo ao festival de cine

  • A longametraxe Eles transportan a morte , dirixida polo tándem formado pola cineasta santiaguesa Helena Girón (1988) e o tinerfeño Samuel M. Delgado (1987), ven de ser seleccionada para competir na 36ª Semana da Crítica de Venecia, un certame pa...

Galicia Futura abre as súas portas no Gaiás

A terceira grande mostra do Xacobeo estará aberta ata o 9 de xaneiro de 2022

  • Logo da inauguración institucional na mañá do 14 de xullo, ás 16 horas abre as súas portas na Cidade da Cultura Galicia Futura . A terceira das grandes exposicións programadas pola Xunta con ocasión do Xacobeo 2021-22 convida a imaxinar como e...

O Xacobeo que naceu da pandemia

O xornalista Manuel F. Rodríguez escolma 21 libros, audiovisuais, podcasts e música do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

  • O Fondo de Proxectos Culturais 2021, promovido pola Consellería de Cultura e Educación como resposta á paralización do sector da cultura durante o confinamento e a pandemia, deu lugar á contratación por parte da Xunta de cento cincuenta e cinco...

A quinta onda ameaza aos eventos musicais

As novas medidas condicionan a celebración coas cifras de incidencia do día de celebración

  • O Diario Oficial de Galicia ven de publicar este venres pola tarde unha nova edición (bis) que corrixe a orde exactamente anterior da Consellería de Sanidade respecto da celebración de eventos musicais ao aire libre. Segundo a anterior orde, publ...

Anxo Manoel gaña o Torneo de Dramaturxia na MITCFC

Hoxe celebrarase o encontro Teatragal que debate sobre 25 anos de diálogo teatral entre Galicia e Portugal

  • O V Torneo de Dramaturxia de Galicia, que se celebrou un ano máis no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, deixou como gañador desta edición ao autor Anxo Manoel, co texto Utopía . Esther F. Carrodeguas foi a mestra...

Quilómetros de orgullo musical

O proxecto 'Os Camiños das músicas galegas' chega polo Día Europeo da Música a Compostela tras un percorrido polos camiños xacobeos

  • Resulta imposible saber a ciencia certa a quilometraxe que leva a Duendeneta de Carlos Crespo percorrido nos seus 47 anos na estrada vivindo vidas moi diferentes desde 1974, "o contador só ten catro díxitos e non sabemos cantas veces lle puido dar ...

Xaquín Marín recibirá o Premio Rosalía de Castro

A Deputación da Coruña recoñeceu tamén o traballo a prol da lingua a Agrupación Astronómica Ío e de Twitter en Galego

  • A Deputación da Coruña deu a coñecer este 14 de xuño o fallo dos XII Premios Rosalía de Castro de Lingua, cos que recoñece a persoas e colectivos que traballan na promoción do galego. O debuxante Xaquín Marín foi escolleito como gañador na ...

Os novos protocolos para a Covid amplían a capacidade para espectáculos ao aire libre

Permítense ata 5.000 persoas de pé e 10.000 sentadas co público repartido en grupos

  • Os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña presentaron este 10 de xuño, xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e representantes do sector cultural, as novas medidas para esp...

A Mostra de Cangas ofrecerá 20 espectáculos en dez días

Homenaxeará a Xosé Manuel Pazos e recollerán premios honoríficos Camilo Franco e Margarita Ledo

  • A 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC), comezará no primeiro día do mes de xullo e durante dez xornadas fará da capital do Morrazo o epicentro do teatro en Galicia. Máis de 20 espectáculos do mello...

A exposición 'Galicia Futura' contará coas achegas de medio cento de creadores contemporáneos

Inaugurarase na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 14 de xullo

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, convocou hoe unha rolda de prensa para presentar o proxecto que conducirá cara a "grande exposición do Xacobeo neste ano 2021", que está previsto inaugurar na Cidade da Cultur...

Problemas e aprendizaxes da pandemia no audiovisual

Repasamos a situación das produtoras independentes a partir do novo volume de entrevistas da Agapi

  • A Asociación Galega de Produtoras Independentes presentaba en liña este 27 de maio o volume Conversas abertas. Estudo cualitativo de produtoras audiovisuais galegas . Con este traballo a entidade "recolle a valoración e impacto que supuxo a pandem...

Un termómetro da arquitectura dos últimos dous anos

Exploramos as obras dos finalistas galegos da XV Bienal de Arquitectura

  • A XV Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo anunciou os finalistas que participarán no proceso final de elección das obras destacadas na edificación e o urbanismo en España en 2019 e 2020. Entre os escollidos, hai doce obras galegas entre a...

O Atlantic Fest 2021 convértese nunha programación de 12 días de concertos

O festival encherá Vilagarcía de música con 18 bandas en varios escenarios espallados pola cidadeO Atlantic Fest 2021 convértese nunha programación de 12 días de concertos

  • A reconversión chega aos festivais ante as limitadas posibilidades pandémicas e mentres os máis multitudinarios deixan pasar outro ano máis sen mover ficha algúns buscan formatos que lles axuden a sacar adiante a súa proposta de marca. É o cas...

O Consello da Cultura chama a manter o topónimo Ría de Ribadeo

A institución emitiu un informe sobre a cuestión por solicitude da Xunta

  • "Ría de Ribadeo é a forma que avalan a documentación e a cartografía históricas ao longo dos séculos. Informes anteriores sinalaron xa a constancia con que se usa este topónimo en mapas e cartas náuticas realizadas en distintos séculos por a...