O Fondo de Proxectos Culturais 2021, promovido pola Consellería de Cultura e Educación como resposta á paralización do sector da cultura durante o confinamento e a pandemia, deu lugar á contratación por parte da Xunta de cento cincuenta e cinco propostas de contido cultural vinculado aos temas xacobeos e o Camiño de Santiago. A Xunta contratou contido por un monto superior ao millón e medio de euros, con topes máximos por produto de 4.000 euros no caso dos autónomos e 10.000 no das empresas e entidades culturais. Como navegar entre tantos novos contidos dispoñibles na rede? Solicitamos a Manuel F. Rodríguez, xornalista especializado na divulgación do Camiño de Santiago e promotor da Xacopedia, que fixera para nós de comisario e nos propuxera unha viaxe por unha escolma de 21 proxectos nos que perderse este verán.
1. A viaxe de Saira
Conto infantil que narra a historia de Saira, unha rapaza da urbe francesa de Saint-Jean-Pied-de-Port, tradicionalmente relacionada co Camiño de Santiago. Saira debe levar a Santiago unha gárgola máxica para o Pórtico da Gloria, misión que consigue tras diversas aventuras no Camiño. Excelentes ilustracións e unha historia sinxela e en gran medida, orixinal.
2. O Camiño Primitivo. Prot Comunicación e Boneca Lareta
Serie documental en sete capítulos que propón unha viaxe polo Camiño Primitivo entre as cidades de Oviedo e Santiago. A través das vivencias dos peregrinos, irá descubrindo o patrimonio desta ruta.
3. Lendas devagar: O Camiño de Santiago. Arume Lab
Publicación que recolle varias lendas galegas relacionadas de forma directa e indirecta co Camiño. Entre elas, o famoso milagre do Cebreiro.
4. As E-tapas do Camiño de Inverno. Carlos Álvarez Taboada
Libro-guía que percorre o Camiño de Inverno en Galicia propoñendo aos peregrinos e viaxeiros unha serie de destinos gastronómicos e culturais.
5. Palabras andadeiras. Historias para acompañar o teu Camiño de Santiago
É un proxecto de podcasting aumentado para que o Camiño Francés en Galicia resulte unha experiencia máis completa para os peregrinos e peregrinas. Cada un dos sete programas permítelles coñecer a paisaxe cultural, as tradicións, a historia, a música e a gastronomía ao longo desta ruta xacobea.
6. Descubrindo o Camiño de Inverno. Begoña González Aguiar
A autora propón unha guía do Camiño de Inverno entre Ponferrada, o seu punto de orixe, e Santiago de Compostela. Está destinado ao público infantil e xuvenil. O protagonista, Iago, é un peregrino de doce anos que vai presentando distintos retos que axuden a outros nenos e nenas coma el a coñecer mellor o contorno desta ruta.
7. Camiño da Geira e dos Arrieiros. Worldrone
Trátase dun documental divulgativo que percorre o Camiño da Geira e dos Arrieiros, que aspira a ser recoñecido como ruta xacobea pola Xunta de Galicia. Parte de Braga, e a xeito de road movie, a cámara -por terra e por aire- percorre a paisaxe e as localidades desta vía galaico-portuguesa.
8. De Santiago á fin do mundo. Galicianblond
Un documental que narra a peregrinación polo Camiño de Fisterra e Muxía da actriz galega Isabel Blanco. A actriz, que fai a ruta en catro etapas, vaina describindo paso a paso.
9. O Camiño das mulleres. Sabela Losada Cortizas
Libro dixital sobre as experiencias da viaxe polo Camiño de Santiago de cinco mulleres de variada procedencia. A publicación tamén rememora a peregrinación doutras mulleres de séculos pasados. A obra complétase con ilustracións e fotografías.
10. Gerês Xurés no Camiño da Geira e dos Arrieiros. María del Carmen Fernández Blanco
Documental con versión en portugués e galego destinado a dar a coñecer o Camiño da Geira e dos Arrieiros como vía relacionada co mundo xacobeo. O percorrido está guiado por unha peregrina que vai describindo os valores desta ruta.
11. Noia "Porto de Peregrinos". Miguel Iglesias Barreiro
Audiovisual que pretende mostrar sobre todo a relevancia histórica de Noia como porto de desembarco de peregrinos cara a Compostela e a simboloxía xacobea que se agocha nela. A proposta enmárcase na reivindicación, actualmente en curso, do chamado Camiño de Muros-Noia como ruta xacobea oficial.
12. O Camiño Francés a través da súa toponimia. Suseia Sociedade Cooperativa Galega
Seis audiovisuais que mostran o Camiño Francés entre O Cebreiro e Santiago a través da toponimia dos lugares e poboacións polos que transcorre.
13. Ay, Santiago! Mercedes Hernández
Gravación dun concerto da soprano Mercedes Hernández, fundadora do grupo de música antiga Resonet, acompañada polo músico Fernando Reyes. Hernández ofrece un repertorio de músicas medievais relacionadas coa peregrinación a Santiago.
14. Pèlerinage 1726. Fernando Reyes Ferrón
Tomando como fío condutor a peregrinación xacobea do francés Guillaume Manier en 1726, o tiorbista Fernando Reyes, acompañado nalgunha ocasión pola soprano Mercedes Hernández, interpreta nesta proposta documental diversas pezas musicais da época vinculadas dun xeito ou doutro ao mundo da peregrinación.
15. Xacobeo miudiño. Seispés Produccións Creativas
Proxecto que a través de tres audiovisuais recolle a historia da cultura xacobea, das rutas de peregrinación a Santiago e do propio feito de peregrinar. Tamén amosa a orixe e sentido do ano santo compostelán. A finalidade desta proposta é descubrir o mundo xacobeo a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
16. Arinomoude. Xarda Sociedade Cooperativa
Documental que interrelaciona o Kumano Kodo xaponés e o Camiño de Santiago, dúas rutas de peregrinación que están irmandadas de xeito oficial desde hai dúas décadas.
17. Estela, coidadora do Camiño. No Majors
Webserie de marionetas dirixida a nenos e nenas de tres a nove anos. Nela, unha nena, Estela, e o seu can, axudan aos peregrinos a superar, durante a súa ruta, numerosos atrancos protagonizados por personaxes do imaxinario galego.
18. Camiñantes do noso. Claqueta Claqueta
Miniserie documental na que o actor e produtor Rubén Riós percorre 10 etapas do Camiño Mozárabe galego desde A Canda ata Santiago dialogando cos anciáns e anciás que se encontra ao seu paso. En determinados momentos falan da ruta xacobea a distintos niveis.
19. A peregrinaxe da auga. Xurdir
Documental sobre as fontes do Camiño Francés. Aborda aspectos da súa historia, tanto a nivel lendario como na súa relación de servizo aos peregrinos e á poboación local.
20. Chegar a Galicia, chegar ao mundo. Sirgo Torcendo
Serie de sete videoclips gravados en lugares vinculados co Camiño de Santiago. Presenta catorce pezas de lírica galega medieval e cantos de peregrinos interpretados por catro formacións galegas e tres estranxeiras.
21. Roque Roquiño descobre o Camiño. Baobab Teatro
Espectáculo de marionetas dirixido para nenos e nenas de 1 a 8 anos protagonizado por Andrea, unha nena que acaba de facer o Camiño e está ansiosa por compartir a súa experiencia, especialmente co seu amigo Roque. As actuacións deste representación desenvolvéronse en distintas urbes galegas en 2020.