O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, convocou hoe unha rolda de prensa para presentar o proxecto que conducirá cara a "grande exposición do Xacobeo neste ano 2021", que está previsto inaugurar na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 14 de xullo. Galicia futura será o seu título e ata medio cento de creadores, dos ámbitos das artes plásticas, as letras, as ciencias ou o audiovisual, están convidados a achegar a súa parte a este proxecto que pretende funcionar "como unha plataforma para dar a coñecer canto de innovación se está facer en Galicia". A mostra estará comisariada polos divulgadores Miguel Ángel Cajigal (A Coruña, 1981) e Deborah García Bello(A Coruña, 1984) e incluirá pezas artísticas realizadas especificamente para este proxecto, por parte de destacados nomes como Óliver Laxe, Marta Pazos ou Rubén Ramos Balsa.
A mostra proponse amosar o que se está a facer desde distintas áreas do coñecemento, explicou García Bello (@deborahciencia), na procura de "facer visible como as conexións entre os diferentes campos do saber nos permiten comprender a súa progresión e como a creatividade inherente ao eido das artes pero tamén ao científico e tecnolóxico unida ao talento e ao esforzo se traduce en pulos cara ao futuro en diferentes momentos da Historia". Miguel Ángel Cajigal (@elbarroquista) insistiu pola súa banda en que Galicia futura "convidará ás persoas visitantes a unha viaxe como a que fixemos nós como comisarios, na procura das claves e estratexias que están a configurar o porvir de Galicia xa desde o momento presente, preguntándonos como queremos que sexa o futuro de Galicia sabendo que é case máis importante o camiño que nos leva a este futuro que o destino en si mesmo".
Ademais do titular de Cultura e dos comisarios da exposición, o anuncio deste proxecto contou coa presencia dos membros do comité de colaboradores, 19 persoas entre os que se atopan algúns dos artistas e científicos con máis talento de Galicia, como o cineasta Oliver Laxe, a catedrática en telecomunicación Edita de Lorenzo, a cantante e compositora Wöyza, a chef distinguida cunha Estrela Michelin Lucía Freitas ou o director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Carlos Salgado. Desde o ámbito científico, o comité asesor da exposición conta tamén coa médica e investigadora, coordinadora do Grupo Cellcom do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, María D. Mayán, e co catedrático de Química da Universidade da Coruña, Moisés Canle. O catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xosé Manuel Núñez Seixas; a profesora de Economía da mesma universidade, María Loureiro; o comisario e director da Fundación Didac, David Barro; o arquitecto Carlos Quintáns, a deseñadora Nuria Carballo ou a profesora de secundaria Marisa Calderón participan tamén neste proxecto, que conta ademais con profesionais máis vinculados ao mundo empresarial, de ámbitos como o tecnolóxico, agroalimentario, turístico ou do deseño.
Neste sentido, completan a listaxe de asesores nomes como os da deseñadora de proxectos en Insólito Diseño + Producto, María García Alén; o xerente da adega Vía Romana, Juan Luis Méndez; o manager en IBM Quantum Cloud and Software, Ismael Faro; o CEO e fundador de Torusware, Guillermo López Taboada; a presidenta do Cluster de Empresarios de Galicia, Patricia García; ou o presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal. "Unha vintena de proxectos culturais foron encargados e estanse a desenvolver con motivo desta exposición, unha mostra que incorpora unha enorme dimensión de apoio á creación en Galicia nun momento no que se precisa", engadiu na presentación o titular de Cultura do Goberno galego, quen subliñou que "estamos ante un proxecto netamente galego, que, en si mesmo, reflicte a capacidade da nosa Comunidade para artellar propostas culturais de envergadura". Con Galicia futura péchase a triloxía de grandes exposicións organizadas pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo, que comezou con Galicia, un relato no mundo e continuou con Galicia, de Nós a nós.