
Entre o 12 e o 24 de xullo o Atlantic Fest ofrecerá concertos todos os dÃas en VilagarcÃa de Arousa, as veces un só concerto por dÃa e outros dÃas dous ata chegar ás 18 bandas do cartel, contando con tres escenarios diferentes con capacidades tamén distintas. Ao aire libre estará o escenario Vibra Mahou, do 15 ao 18 na entrada da Praia da Concha e tamén o escenario Paco & Lola na Praza da PescaderÃa. Cun afora máis reducido e xa en interior o escenario Xacobeo 21-22 estará situado no Auditorio municipal. Debido tamén ao cambio no formato, o festival (agora programación) non venderá abonos e as entradas serán individuais para cada un dos concertos contando coas capacidades limitadas, que poderÃan ampliarse se os protocolos variasen. Sairán á venda o vindeiro 14 de maio a través da páxina web do festival.
Novas incorporacións no 17°Ribeira Sacra
Outros dos eventos que xa anunciaron fai meses a súa intención de levarse a cabo e adiantaron cartel, o festival 17°Ribeira Sacra, ven tamén de sacar novas incorporacións. O festival suma á súa oferta a música de raÃz galega con Budiño & Novoa e o seu proxecto "Diario de navegantes". Ademais inclúe tamén outros nomes como "dani" e Auto Sacramental que se unen no cartel ao xa confirmados Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e Ale. O festival terá lugar entre o 16 e o 18 de xullo nas terras da Ribeira Sacra.