A vitalidade actual da escena de festivais segue xenerando noticias cada dÃa. Neste caso son duas das citas relacionadas co mundo da música indie as que nos traen novidades que destacasr esta semana. O FIV de Vilalba xa indicara con anterioridade as súas datas para a seguinte edición, entre o 26 e o 28 de abril de 2019, e agora ven de abrir o seu cartel con dúas confirmacións. Os cataláns Dorian e La M.O.D.A. (La maravillosa Orquesta Del Alcohol) son os primeiros nomes para a cita en Vilalba, que xa ten os seus abonos á venda desde o pasado mes. Outro festival que ven de dar o primeiro paso necesario para poñerse na axenda do público é o Atlantic Fest. O festival da Illa de Arousa ven de facer públicas as súas datas de celebración da IVª edición que o sitúan na última fin de semana do mes de xullo directamente. Entre o venres 26 e o domingo 28 de xullo terán lugar todas as actividades do evento, tanto nas diversas localicazión da vila como dentro do recinto. O Atlantic Fest pon mañá á venda, por un só dÃa un abono a prezo reducido que inclúe un paquete de agasallo por 37 euros. Tras iso o prezo pasa a ser de 45 ata o vindeiro dÃa 8 de xaneiro. O festival da Illa de Arousa en 2016 celebraba a súa primeira edición na primeira fin de semana de xullo e agora desprázase un mes enteiro respecto a aquelas dúas primeiras edicións, e unha semana respecto a de 2018.