A confirmación do grupo británico The Vaccines para o Atlantic Fest da Illa de Arousa ven de abrir o cartel dese festival e faino pola parte máis alta da oferta, a dos grandes nomes internacionais. Ata o momento ese é o único nome para este evento que cambiou a súa data de celbración para a fin de semana do 20 ao 23 de xullo na Illa de Arousa e que tamén publicou un manifestó de boas intencións e cambios para a nova edición. Outra das citas que tamén fixo recentes confirmacións foi O FIV de Vilalba. O festival lugués, un dos temperáns do ano a celebrarse os 27 e 28 de abril, ten á venda os seus últimos abonos e ven de incorporar a Carlos Sadness, Postergel e o Dj Oscar Mina a un cartel moi “indie” encabezado por Lori Meyers e no que hai sitio para Xoel López, Novedades carminha e Escuchando Elefantes entre outros como Nunatak ou La Habitación Roja. O Ourenrock Sound, a cita que terá lugar en Bemposta o 8 e 9 de xuño, xa presenta quince confirmacións para a súa nova edición. Cun cartel encabezado por El Drogas e Riot Propaganda tamén hai espazo e tempo para as actuacións de Talco, Xavi Sarrià , The Locos, Rebeliom do Inframundo, Smoking Souls, Bohemian Betyars, Ezetaerre, Brinkadelia Troupe, Yo No Las Conozco, Isabel Marco, Insolenzia, Pauliña, Blues do PaÃs e Gorilas a Pilas.