Actuación de The Vaccines en Atlantic Fest Foto:S. Montes
As primeiras horas da terceira edición do Atlantic Fest xa deixaban ver as diferencias que este ano presentaría o evento. Estaban anunciados desde hai meses varios cambios organizativos de distinta importancia, algúns deles para solucionar problemas detectados sobre todo no pasado ano. E novembro a empresa organizadora sacaba un documento avanzando este cambioscomo resposta ás reclamacións feitas polos asistentes. Concertos nas prazas na tarde-noite do veneres, ampliación do espazo de restauración e dos escenarios secundarios no recinto, reforzo das liñas de autobuses coa zona de acampada, modernización do método de pagos... As novas condicións marcaron este ano o festival cun punto de ambición cara a calidade e deixando claro que esta cita do calendario festivo-cultural de verán ten por diante moito percorrido e grandes posibilidades. Co seu aforo de abonos completado, ao que hai sumar invitacións e outros compromisos ademais da xente que se achegaba aos concertos na vila, o Atlantic conseguía mover máis de 5.000 persoas. O contorno e emprazamento privilexiados son de novo a base sobre a que a empresa New Live constrúe un festival que cada ano atrae a máis xente de todos os tipos a elixir a Illa de Arousa entre as outras ofertas posibles, que como tampouco deixan de medrar obrigan a traballar duro para que a experiencia Atlantic Fest siga a pasar polo boca a boca con cualificacións positivas.


Chegaba a hora dun dos espectáculo que atraía á xente máis nova. O polémico rapeiro e representante do trap español Yung Beef (Fernando Gálvez) saía desafiante ao escenario acompañado do MC Hakim a facer un rap do máis punk na actitude e latino no sonido,. O granadino, estrela no Primavera Sound e coñecido pro térselle negado a entrada nos EE.UU. candoi ía o pasado ano a participar no SXSW non tivo dúbidas en resultar agresivo e ata desagradable co público desde a súa saída na liña do que se agardaba xa del e da s´ñua postura de "rapaz da rúa". "Aquí todos son hipsters", sentenciaba Yung Beef con desprezo subíndose aos altofalantes mentres él e o seu acompañante ían dun lado ao outro do escenario ao máis puro estilo dos The Prodigy. A provocación chegabao ao punto de pedir unha división da xente: "los hipsters para un lado, la gente normal, de la calle, para otro", pedía o granadino. Hakim baixaba determinado entre a xente para iniciar un circle pit de pogo diante do escenario o que provocou unha desbandada de moito do público que non estaban preparados para esas doses de agresividade física nun festival dominado polas camisas estampadas de flores e si, decididamente “hipster”. Eran case as oito cando nos achegamos de novo a carpa tras descansar un pouco na zona de restauración vendo a La Plata e acudimos con curiosidade a ver aos daneses Iceage. A banda leva 10 anos en activo e ten xa tres discos no seu haber pero para nós eran unha desas oportunidades de descuberta para as que os festivais son o marco ideal. Dentro dun programa tan amplo se un grupo gusta quedamos ou se non imos a ver outro. Neste caso o inicio dos Iceage era algo atronador e aínda que tardamos un par de cancións en afacernos á súa ruidosa proposta a banda conseguiu convencernos coa súa entrega e foi gañando adeptos que se achegaban e ína enchendo a carpa. No escenario Martini Caxade traía a música en galego e a súa reinterpretación da música popular e da verbena tradicional ao Atlantic Fest, mentres a xente aproveitaba para aprovisionarse de cara a afrontar unha aceleración de actuacións memorables no programa previsto. Os últimos raios de sol desaparecían polo oeste da illa mentres La Casa Azul comezaba a súa actuación. A travesura techno-pop de Guille Milkiway conseguiu transformar a carpa nunha discoteca cos seus temas bailables (e cantables) e a súa posta en escena futurista con suxerintes audiovisuais. El Momento ou La revolución sexual marcaron algúns dos momentos memorables da actuación, so cortada por unha balada en solitario aos teclados que enfreou un pouco o ambiente no medio do espectáculo. Aparte de iso a carpa vibraba coas cancións de La Casa Azul ata o punto que tras rematar o concerto seguiron mantendo os seus temas en versión gravada e, de non telos interrompido, a xente tería seguido alí bailando. No escenario secundario Christina Rosenvinge, acompañada de banda, presentaba temas do seu novo traballo, cargados de enerxía e con potencia sonora. A noite xa era máis do rock and roll e as outras propostas ían quedando atrás. Os británicos The Vaccines amosaron a súa cara máis divertida e saíron ao escenario ao ritmo do Waterloo de ABBA pero cos primeiros acordes do Nightclub conseguiron despoboar rapidamente o resto do recinto que se congregou na carpa principal. A banda londinense convencía cunha actitude entregada do seu papel de protagonista na cabeza de cartel. A actuación fíxose memorable a través do rico do seu repertorio con cancións máis que coñecidas como If you wanna come back e coa brutal capacidade do seu frontman Justin Young para envolver á xente movéndose dun lado ao outro e procurando que durante toda a actuación no decaese a tensión nin un segundo. Rock and roll que pisa nas liñas adxacentes, xa sexa do pop coma do punk, con soltura e sen vergonza. E que conseguía mover e entusiasmar á xente. Actuacións como a dos británicos son as que necesita un festival para alcanzar un momento de clímax compartido.<<"Aquí todos son hipsters", sentenciaba Yung Beef con desprezo>>
Tras deles aínda tivemos que agardar un bo rato, ata que chegase a derradeira actuación da noite. Outra gran banda británica Kaiser Chiefs, que xa escoitaramos o pasado ano en Riazor durante o Noroeste, chegaban co seu brit-pop, algo máis domesticado aínda qque de máis longa traxectoria que The Vaccines. Kaiser Chiefs teñen co paso dos anos perviviod grazas a cancións que os enlazan directamente con outras bandas dos seus inicios como Blur. Temas como Ruby , Everyday I love you less and less ou I predict a riot conseguían enganchar sobre todo pola familiaridade e o bo do son, pero xa non se percibía esa frescura amosada polos anteriores e, a esa hora da madrugada (as 2) botábase en falta esa enerxía. Aínda así a banda soubo facer un fin de festa á medida dunha formación con experiencia e con eles rematou as tres e media da mañá a xornada central da terceira edición do Atlantic Fest. Unha reforzada flota de autobuses ía recollendo a maioría da xente que se dirixía á zona de acampada. Este ano as previsións da organización melloraron o servizo que o pasado ano tivera moitas protestas. Desde New Live acaban cada edición do festival atentos a calquera problema presentado e a súa ambición pola calidade da experiencia Atlantic anticipa xa un novo "manifesto de intencións" próximo con algunhas melloras a incorporar para o 2019. Como exemplo, neste ano desde a organización xa nos trasladaron a intención de fornecerse no 2019 dun espazo para aparcar bicicletas (un medio moi usado na illa) e se iso ten aceptación talvez crear para o 2020 un servizo propio de aluguer delas. O Atlantic Fest está decidido a ser a mellor opción a escoller para unha experiencia de festival de calidade e escoitar a xente semella ser un bo camiño para acadalo."O Atlantic Fest está decidido a ser a mellor opción a escoller para unha experiencia de festival de calidade e escoitar a xente semella ser un bo camiño para acadalo"






