Noticias
Lucía Aldao comparte a súa 'Pava'
Xénero:
| 14 / 12 / 2021A poeta Lucía Aldao estréase na música en solitario cun proxecto de disco virtual propio. Nos últimos tempos estabamos afeitos a non disociar a Lucía da súa compañeira na poesía e nos escenarios , María Lado, no dúo Aldaolado. Agora Lucía Aldao (A Coruña, 1982) xa ten nas plataformas dixitais 'Pava', un disco de cinco temas propios que non aspira a converterse en disco físico senón puramente como cancións para ser escoitadas e descargadas, de tal xeito que mercar o traballo (para os 100 primeiros compradores) supón recibir o dereito de descarga das cancións e a escultura realizada pola artista Laura Pazos para ilustrar a portada do traballo.
Segundo disco da Orquesta Galega de Liberación
Xénero:
| 10 / 12 / 2021A Orquestra Galega de Liberación, a formación de jazz improvisado na que participan ata dezaseis artistas destacados da escena musical galega baixo a dirección de Xacobe Martínez Antelo, ven de presentar o que é o seu segundo traballo discográfico tras o inaugural 'Orquestra Galega de Liberación' publicado a primeiros deste mesmo 2021. 'Na Loita' é o título deste traballo que foi gravado ao vivo e composto a tempo real no concerto dado pola formación durante o pasado Festival Jazz de Ría en Narón este verán. A OGL está conformada neste álbum por Max Gómez (batería); LAR Legido (batería); Javier Pereiro (trompeta); Olivier Cano (saxo alto); Xosé Miguélez (saxo tenor); Diego Alonso (saxo tenor); Rosolino Marinello (clarinete baixo); Rubén Fernández (voz); Sheila Patricia (voz); Antonio Bravo (guitarra); Manuel Cebrián (guitarra); Elena Vázquez (violín); María José Pámpano (viola); Macarena Montesinos (violoncello); Saúl Puga (contrabaixo) e a dirección de Xacobe Martínez Antelo. Con sete temas que ofrecen algo máis dunha hora de música 'Na Loita' está xa dispoñible en todas as plataformas dixitais.
Clara Pino e Pablo Vidal finalizan o ano con Xela
Xénero:
| 9 / 12 / 2021A Cidade da Cultura acollía o pasado 2 de decembro a presentación de Xela. Clara Pino e Pablo Vidal fechan as homenaxes a Xela Arias do en que se lle dedicou o día das letras a presentar sete cortes con versións de textos da poeta.
Unha nova xeración de Meniños Cantores volve tender a ponte musical nas beiras do Miño
Xénero:
| 2 / 12 / 2021Arredor de trinta anos teñen agora algunhas das crianzas protagonistas do primeiro volume de 'Meniños cantores' publicado en 2005, un proxecto baseado na música e compartido por centros de ensino das dúas beiras da fronteira entre Galicia e Portugal. Case dezasete anos despois, unha nova xeración ven de ser recollida no 'Meniños cantores. Volume 2' que foi presentado hoxe na sede do Consello da Cultura Galega en presenza das entidades participantes, encabezada pola asociación Ponte.. Nas Ondas! (PNO!) impulsora do proxecto. Dezasete centros educativos de Galicia e Portugal participan nesta xeira do proxecto no que ademais outros tantos artistas de ambos países actuaron como padriños en canda un destes lugares para as gravacións das cancións escollidas, que representan un patrimonio musical compartido por unha comunidade que, como subliñou a presidenta do Consello da Cultura Galega, xa existía "antes de que houbera unha raia pintada no mapa".
Fernando Buide e Quico Cadaval fan ópera bufa coa Galicia contemporánea
Xénero:
| 1 / 12 / 2021O vindeiro 9 de decembro o Auditorio de Galicia acollerá a estrea da ópera cómica 'A sombra de Cristal', unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG), a Real Filharmonía de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. Este espectáculo de nova creación ten texto e dirección escénica de Quico Cadaval e música de Fernando Buide. A Real Filharmonia, dirixida polo director titular e artístico da orquestra, o mestre Paul Daniel, contará coas voces da soprano María Hinojosa, do barítono César San Martín e do actor Víctor Mosqueira -que fai de personaxe muda- para a representación. A estrea poderá seguirse en liña en directo pola canle de YouTube da Real Filharmonía de Galicia e ao día seguinte haberá outra sesión aberta ao público xeral, o día 10.
O Fanzine Fest atende a escena local na súa sétima xeira
Xénero:
| 30 / 11 / 2021Desde este 30 de novembro e ata o vindeiro 5 de decembro A Coruña acolle a sétima edición do Fanzine Fest. A cita especializada en música electrónica presenta un cartel no que destacan nomes coma Anthony Rother, Martin Messier, Orbe ou Okkre. Canda a eles, artistas como DJ Ino, CRNDS, Parallax, Roi, Marta Verde ou Athal-Berath, fan parte dun programa que abrangue estilos como o techno, house, dance, ambient ou punk electrónico.
Culturgal fecha a súa 14 xeira a sumar 9.000 visitas
Xénero:
| 29 / 11 / 2021Cun día menos de apertura ao público e un panorama aínda marcado pola pandemia de Covid-19, a Culturgal fechaba este 28 de novembro a súa décimo cuarta edición a sumar 9.000 visitas. A organización da Feira das Industrias Culturais Galegas salientou, a través do director do evento, José Aldea, que "a afluencia de público superou as nosas expectativas xa que hai só unhas semanas os aforos que manexabamos eran moito máis reducidos. Recibimos unha resposta moi positiva dos participantes que nos manifestaron a importancia de reencontrarnos, o que fai que nos decatemos da dimensión humana ou emocional, se se quer de Culturgal, como cita de referencia para o sector".
Berto debuta en solitario con Viaxe ao espazo interior
Xénero:
| 26 / 11 / 2021Cando pasou pouco máis dun mes desde que o dúo Verto anunciou unha pausa na súa actividade, un dos seus compoñentes Alberto Mira, Berto, presenta o seu primeiro traballo en solitario. Viaxe ao espazo interior está dispoñible desde as cero horas deste 26 de novembro nas principais plataformas dixitais.
O Resurrection Fest completa o seu cartel e pon á venda as entradas de 2022
Xénero:
| 25 / 11 / 2021Mastodon, The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings son as últimas incorporacións ao cartel da que será a edición 15+2 do Resurrection Fest. A organización do festival anunciou que este venres 26 de novembro porá a venda as entradas para cada un dos cinco días que vai durar o evento. A manter a maior parte do cartel anunciado para a última edición presencial, a de 2019, Viveiro acollerá entre o 29 de xuño e o 3 de xullo pesos pesados do mundo do rock duro como son Judas Priest, Korn, Sabaton, Avenged Sevenfold, Rage Against, Sepultura, Jinjer ou Bring me de Horizon.
Os Bar Ban Sónicos presentan o seu primeiro disco 'Químicamente impuro'
Xénero:
| 24 / 11 / 2021Desde hoxe xa está dispoñible nas plataformas dixitais o que é o primeiro disco de longa duración da banda de garaxe punk Os Bar Ban Sónicos. O trío da Pobra do Caramiñal presentan 14 temas en galego neste 'Químicamente impuro' (Rock CD Records) gravado no Herztcontrol Studio en Seixas, Portugal. Contundentes sonoridades punk e de rock de garaxe son as bases deste traballo que estivo adiando a súa saída para ver a posibilidade de apoialo coas actuacións en directo da banda conformada por Manel Casal (guitarra e voz), Abel Cores (batería) e Amroth Lopez (baixo e coros). O lanzamento veu precedido pola saída do EP "Alimentando o nervio" o pasado 2020. O deseño gráfico do traballo é obra de Guillotina Estudio. O grupo tomou o seu nome da unión "dun posible xentilicio comarcal, Barbansós", co grupo do que fixeron as primeiras versións, The Sonics.