Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Berto debuta en solitario con Viaxe ao espazo interior

A METADE DO DúO VERTO LANZA UN DISCO CONCEPTUAL SOBRE A DEPRESIóN

Berto debuta en solitario con Viaxe ao espazo interior

POP | novembro 26, 2021

imaxe non dispoñible

Cando pasou pouco máis dun mes desde que o dúo Verto anunciou unha pausa na súa actividade, un dos seus compoñentes Alberto Mira, Berto, presenta o seu primeiro traballo en solitario. Viaxe ao espazo interior está dispoñible desde as cero horas deste 26 de novembro nas principais plataformas dixitais.

O vocalista, guitarrista e compositor lanza once temas nun proxecto que se define como "máis persoal e introspectivo, nun primeiro momento, afastado dos canons do pop mainstream, aínda que dialogando co R´n´B, o 70´s Techno, o Lo-Fi e o Bedroom Pop". Trátase dun álbum conceptual centrado na depresión que o propio músico sufriu ao longo do último ano e que se estrutura en capítulos que reflicten diferentes fases da doenza mental e chegan á recuperación.

Para alén do propio Berto, o disco conta con colaboracións deToni Martelo, Hevi de Malandrómeda e Fer, que aparece como segundo membro deste novo proxecto sonoro.