Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Segundo disco da Orquesta Galega de Liberación

'NA LOITA' FOI GRAVADO AO VIVO NO FESTIVAL JAZZ DE RíA DE NARóN

Segundo disco da Orquesta Galega de Liberación

JAZZ/BLUES | decembro 10, 2021

NALOITA_ OGL.jpg

A Orquestra Galega de Liberación, a formación de jazz improvisado na que participan ata dezaseis artistas destacados da escena musical galega baixo a dirección de Xacobe Martínez Antelo, ven de presentar o que é o seu segundo traballo discográfico tras o inaugural 'Orquestra Galega de Liberación' publicado a primeiros deste mesmo 2021. 'Na Loita' é o título deste traballo que foi gravado ao vivo e composto a tempo real no concerto dado pola formación durante o pasado Festival Jazz de Ría en Narón este verán. A OGL está conformada neste álbum por Max Gómez (batería); LAR Legido (batería); Javier Pereiro (trompeta); Olivier Cano (saxo alto); Xosé Miguélez (saxo tenor); Diego Alonso (saxo tenor); Rosolino Marinello (clarinete baixo); Rubén Fernández (voz); Sheila Patricia (voz); Antonio Bravo (guitarra); Manuel Cebrián (guitarra); Elena Vázquez (violín); María José Pámpano (viola); Macarena Montesinos (violoncello); Saúl Puga (contrabaixo) e a dirección de Xacobe Martínez Antelo. Con sete temas que ofrecen algo máis dunha hora de música 'Na Loita' está xa dispoñible en todas as plataformas dixitais.

datos do disco