Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Fanzine Fest atende a escena local na súa sétima xeira

A CORUñA ACOLLE O PROGRAMA DE MúSICA ELECTRóNICA ATA O VINDEIRO 5 DE DECEMBRO

O Fanzine Fest atende a escena local na súa sétima xeira

ELECTRóNICA | novembro 30, 2021

imaxe non dispoñible

Desde este 30 de novembro e ata o vindeiro 5 de decembro A Coruña acolle a sétima edición do Fanzine Fest. A cita especializada en música electrónica presenta un cartel no que destacan nomes coma Anthony Rother, Martin Messier, Orbe ou Okkre. Canda a eles, artistas como DJ Ino, CRNDS, Parallax, Roi, Marta Verde ou Athal-Berath, fan parte dun programa que abrangue estilos como o techno, house, dance, ambient ou punk electrónico.

A organización quixo nesta xeira prestar unha especial atención á creación local vencellada a estas artes nun programa que se espalla polo Planetario, a Fundación Luis Seoane, a Sala O Túnel, o Teatro Colón e a Domus.

O evento abre hoxe cunha nova xeira da xornada FPS-BPM a integrar experimentación sonora e videoarte con proxeccións e un coloquio artistas desta disciplina. Fur Alle Alle, Fernando Epelde, Roi Fernández, Iria Vázquez ou BFlecha son algúns dos nomes que farán parte da xornada na Domus. Ademais, o festival contará de novo coa presenza de Bea Albaladejo a realizar pintura ao vivo durante as actuacións. Ademais Pepa Prieto Puy realizou para esta xeira unha banda deseñada a contar a historia do festival.

Para o día 1 de decembro está previsto a estrea en España do filme -22,7ºC con música do francés Molécule, e un live show de Jus Kno no Planetario. Koroiev e CRNDS correrán coa programación na Domus o día 2, mentres para o 3 poderáse ver no Teatro Colón o show Cerebral, do galego Athal-Berath coa presenza de Martin Messier e de Okkre.

No sábado 4 será a Fundación Luís Seoane a que acolla a Parallax, Rarek, DJ INO e o live show de Divorce from New York, mentres o feche do festival estará a cargo de Anthony Rother, EQX, Fotocopia, Orbe, ROI, Promising/Youngster e Sputnik Pussy, coa compañía audiovisual de Marta Verde, The Panic Room e VJ The END na sala O Túnel.