Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
Abe Rábade celebra o Día do Jazz coa Real Filharmonía de Galicia
Xénero:
| 30 / 4 / 2015Programa de altura e orixinalidade esta noite no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Co gallo do Día Internacional do jazz, o trío Abe Rábade ofrecerá un concerto acompañado da Real Filharmonía de Galicia. As formacións interpretarán sinfonías de Aaron Copland e Kurt Weil na primeira parte. Na segunda, os asistentes poderán escoitar as pezas de jazz escritas para a ocasión por Abe Rábade, baixo o título de Tránsitos.
Outro Felipe Villar Trío
Xénero:
| 9 / 3 / 2015Un ano despois de Home, Felipe Villar Trío volta á escena discográfica con Outro. Logo de participar no ciclo Girando por Salas, a formación composta por Felipe Villar á guitarra, Jose Manuel Díaz ao contrabaixo e Max Gómez á batería lanza nove temas nos que a experimentación no jazz combínase con aires melódicos na guitarra de Villar. O volume, editado por Free Code Jazz Records, pódese escoitar en BandCamp e na páxina do músico. A xira de presentación comezou o pasado 4 de marzo no coruñés Jazz Filloa, e continuará por Vigo (17 e 18), e diferentes salas do Estado ata voltar a Compostela o 19 de xuño.
Blues do país presenta Bateas do Mississippi
Xénero:
| 2 / 10 / 2014Transformar temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas. Isto é o que levan xa un tempo a facer por escenarios de todo o país o dúo Blues do país, formado por Pepe King e Bieitta James. Agora, presentan o seu primeiro disco, Bateas do Mississippi, no que se poden atopar revisións de cancións como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Mátasme amodo) ou Mercedes Benz (Chimpín). Está xa dispoñible na rede o vídeo do tema Non amoles, se chachi!, e o grupo adianta que desenvolverá unha xira de presentación ao longo deste outono.
O Festival de Jazz de Pontevedra cumpre 22 anos
Xénero:
| 14 / 7 / 2014Jazz pola rúa, obradoiros creativos ou jam sessions fan parte do programa do XXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. A Cidade do Lérez acolle entre os vindeiros 21 e 26 de xullo a nova xeira deste recoñecido encontro, que contará coa presenza do jazz contemporáneo de Xan Campos Grupo, a fusión de Richard Bona o blues a cargo de Eric Bibb e o soul de Robin McKelle. Ademais, haberá actuacións a cargo de Grabriel Peso Trío e mais de Marcos Pin Factor E-Reset, e no Pontejazz Workshop participarán 17 dos músicos máis destacados do panorama jazzistíco actual do país.
Víctor Aneiros amósase máis acústico que nunca no seu novo traballo
Xénero:
| 30 / 6 / 2014Versións en acústico dunha selección de temas de tres discos anteriores. Esta é a nova proposta que fai Víctor Aneiros en A soidade pide copas nos bares, o seu último traballo. Editado polo selo vasco Gaztelupeko Hotsak o disco recupera dez temas entre os que se atopa títulos como Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte ou Autor de westerns nos que o son espido da guitarra cobra protagonismo. Aneiros conta no proxecto coa colaboración de Fran Rey ao acordeón neste proxecto. Logo e presentar o disco o pasado venres 27 en San Sadurniño, o guitarrista ten previsto tocar o 17 de xullo no Festival de Blues de Getxo e o 27 no Festival de Jazz e Blues de Ribadeo.
Imaxinasons leva 13 formacións a Vigo no seu décimo aniversario
Xénero:
| 5 / 6 / 2014O festival de jazz de Vigo, Imaxinasons, celebra a súa décima edición por todo o alto. Un total de 13 artistas actuarán na Cidade Olívica entre o o 26 de xuño e o 5 de xullo nun programa que inclúe tamén actividades formativas, encontros cos artistas e propostas paralelas como a exposición Vigo ten swing. Entre os nomes destacados desta edición atópase unha nutrida presenza de artistas europeos como Alfredo Rodríguez, Gilad Hekselman, Riverside Quartet, Pierre Basten, Hugo Carvalhais, Michael Wollny ou Riverside Quartet. A nivel galego, o festival contará coa presenza de Alberto Conde, Lucía Martínez ou Sumrrá.
A fusión co flamenco protagoniza o XVIII Festival de Primavera
Xénero:
| 10 / 4 / 2014O jazz volta a Ourense na XVIII edición do Festival de Primavera. O Café Latino acolle o groso da programación dunha xeira que protagonizan o flamenco e a homenaxe a Paco de Lucía. En total son doce concertos entre o 23 de abril e o 24 de maio, nos que participan artistas como Jorge Pardo, Josemi Carmona, Javier Colina, Chano Domínguez, Diego Amador ou José Ruiz “Bandolero”. Hugo Alves con Eric Alexander e Abe Rábade Renee Rosnes, Jerry González, Tony Miceli, Diego Amador con Llibert Fortuny e Romaní-Mitchell Swing Serenaders son outros dos músicos que participan no evento.
María Toro fusiona jazz e flamento en A contraluz
Xénero:
| 28 / 3 / 2014A frautista coruñesa María Toro, afincada en Nova York, acaba de presentar o seu primeiro traballo. A contraluz, gravado e mesturado entre Nova York, Madrid, Río de Janeiro e Zurich, o volume integra jazz e flamenco e conta con colaboracións como as do pianista Jean Michel Pilc, Justin Brown na batería e Ben Street no baixol Canda a eles, desde o flamenco participan Yelsi Heredia, Israel Varela y Andreas Arnold. Embarcada na xira internacional de presentación, a artista prevé visitar o noso país o vindeiro verán co seu novo traballo.
Pablo Seoane Trío chega desde a Inópia
Xénero:
| 10 / 3 / 2014O Teatro Principal de Santiago acollía, no remate do mes de febreiro a posta de longo do terceiro disco de Pablo Seoane Trío. A veterá formación de jazz presenta en Inópia unha selección de temas nas que afonda na experimentación e xoga coas mesturas. Pablo Seoane ao Piano, L.A.R. Legido na batería e José Manuel Díaz ao contrabaixo amosan o seu bo facer nunha aposta que ten altas doses de improvisación.
Carlos Childe abre o seu estilo en More nights than days
Xénero:
| 28 / 2 / 2014Logo de sete anos, Carlos Childe presenta o seu segundo traballo discográfico. More nights than days explora as possibilidades das voz rasgada do cantante, que se abre do blues clásico a estilos que se achegan ao funk, ao soul e ao son Motown. En total son sete temas de composición propiva que gravou ao ao vivo en só doce horas de estudio. O Club Garufa na Coruña acolle o vindeiro sábado 1 de marzo a presentación do álbum. Childe actuará tamén na Blues Night que celebra a Sala Capitol o 25 de abril.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical