Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A fusión co flamenco protagoniza o XVIII Festival de Primavera

O CAFé LATINO ACOLLE O ENCONTRO ENTRE O 23 DE ABRIL E O 24 DE MAIO

A fusión co flamenco protagoniza o XVIII Festival de Primavera

JAZZ/BLUES | abril 10, 2014

imaxe non dispoñible

O jazz volta a Ourense na XVIII edición do Festival de Primavera. O Café Latino acolle o groso da programación dunha xeira que protagonizan o flamenco e a homenaxe a Paco de Lucía. En total son doce concertos entre o 23 de abril e o 24 de maio, nos que participan artistas como Jorge Pardo, Josemi Carmona, Javier Colina, Chano Domínguez, Diego Amador ou José Ruiz “Bandolero”. Hugo Alves con Eric Alexander e Abe Rábade Renee Rosnes, Jerry González, Tony Miceli, Diego Amador con Llibert Fortuny e Romaní-Mitchell Swing Serenaders son outros dos músicos que participan no evento.

DOCUMENTO