O Festival de Jazz de Pontevedra cumpre 22 anos
xullo 14, 2014
Jazz pola rúa, obradoiros creativos ou jam sessions fan parte do programa do XXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. A Cidade do Lérez acolle entre os vindeiros 21 e 26 de xullo a nova xeira deste recoñecido encontro, que contará coa presenza do jazz contemporáneo de Xan Campos Grupo, a fusión de Richard Bona o blues a cargo de Eric Bibb e o soul de Robin McKelle. Ademais, haberá actuacións a cargo de Grabriel Peso Trío e mais de Marcos Pin Factor E-Reset, e no Pontejazz Workshop participarán 17 dos músicos máis destacados do panorama jazzistíco actual do país.
Tamén che pode interesar:
- 29/ 10/ 2015 | O Festival de Jazz de Lugo cumpre 25 anos
- 9/ 1/ 2009 | O festival de Jazz de Coruña celebra unha nova edición mesturando estilos e xéneros
- 25/ 8/ 2004 | Cangas celebra unha nova edición do seu festival de jazz
- 11/ 7/ 2003 | Dianne Rivees é o principal reclamo do XI Festival de Jazz de Pontevedra