Pablo Vidal Trío debuta con Jazz pagano
maio 6, 2015
O Jazz Filloa acolle ás 10 desta noite a presentación de Jazz pagano o disco co se presenta Pablo Vidal Trío. A formación conta co propio Vidal ao contrabaixo, a quen acompañan Noli Torres na batería e Gabriel Peso a cargo do piano. O álbum, editado por Aldeaglobal sons, achega oito temas dedicados ao mar, e fai parte dunha tetraloxía que o grupo pretende completar no futuro. Canda aos músicos, pódese escoitar a voz de Uxía en O canto da serea e en Alalá das sereas onde se evidencia a intención de traballar nunha fusión entre jazz e tradición galega.
Logo da estrea na Coruña, o grupo visitará o Náutico de San Vicente o día 9, o Café Catro a Catro de Vigo o 10, a Casa de Arriba, tamén na Cidade Olívica o 12, o compostelán Dado Dadá o 20 e o auditorio de Vilagarcía o 21.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 11/ 2021 | Lugo volta ao Jazz na XXXI edición do seu festival
- 20/ 3/ 2018 | Primeiro disco de Pablo Sax Trío, 'Amorgana'
- 19/ 4/ 2016 | Gelria debuta por todo o alto con Cantos de poeta
- 12/ 1/ 2016 | Javier Marcos debuta con Ten Dez
- 5/ 1/ 2016 | A crítica internacional louva o último traballo de Sumrrá