Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Víctor Aneiros amósase máis acústico que nunca no seu novo traballo

A SOIDADE PIDE COPAS NOS BARES VERSIONA TEMAS DE ANTERIORES TRABALLOS

Víctor Aneiros amósase máis acústico que nunca no seu novo traballo

JAZZ/BLUES | xuño 30, 2014

a_soidade_pide_copas_v_aneiros.jpg

Versións en acústico dunha selección de temas de tres discos anteriores. Esta é a nova proposta que fai Víctor Aneiros en A soidade pide copas nos bares, o seu último traballo. Editado polo selo vasco Gaztelupeko Hotsak o disco recupera dez temas entre os que se atopa títulos como Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte ou Autor de westerns nos que o son espido da guitarra cobra protagonismo. Aneiros conta no proxecto coa colaboración de Fran Rey ao acordeón neste proxecto. Logo e presentar o disco o pasado venres 27 en San Sadurniño, o guitarrista ten previsto tocar o 17 de xullo no Festival de Blues de Getxo e o 27 no Festival de Jazz e Blues de Ribadeo.

datos do disco