Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Aprender a tocar coa tradición
Xénero:
| 31 / 5 / 2011Cinco volumes que recollen partituras para aprender a tocar o violonchelo, a percusión, o clarinete, o violín e a trompeta. Esta é a proposta de Paseniño un sistema de aprendizaxe musical que aproveita os nosos temas tradicionais para facilitar a introducións aos intrumentos musicais. Antonio Cerviño Loira é o autor deste método que ve agora a luz da man do Consello da Cultura Galega. O proxecto vai dirixido a alumnos de grao elemental das respectivas especialidades instrumentais. Agora, podes descargar de balde a versión electrónica destas publicacións.
O Consello da Cultura presenta Paseniño, un método de aprendizaxe musical
Xénero:
| 27 / 5 / 2011Aproveitar as melodías tradicionais galegas para aprender a tocar o violonchelo, a percusión, o clarinete, o violín ou a trompeta. Esta é a proposta que fai Antonio Cerviño Loira co seu método Paseniño, que agora ve a luz da man do Consello da Cultura. A sede da institución en Compostela acolle ás 19 horas de hoxe o acto de presentación dos cincos libros que, polo momento, conforman esta iniciativa. Logo da intervención do autor e de Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música do Consello, desenvolverase un concerto de pezas populares a cargo de Rosalía Vázquez (violonchelo), Luís Lugo (trompeta), Lourdes Sánchez-Décima, Antonio Cerviño (piano) e a Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela baixo a dirección de José Luis Vázquez.
Malvela gravará un disco en directo en Mos
Xénero:
| 26 / 5 / 2011O Multiusos de Mos acollerá o vindeiro 31 de marzo un especial concerto de Malvela. O grupo gravará nesta xornada o seu cuarto disco, un directo no que contará con convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e mais a poeta local María Magdalena. Co título de Raianas, o espectáculo percorrerá as tradicións orais e musicais das dúas bandas do Miño, e incluirá contos tradicionais desta área, así como algúns dos temas máis coñecidos do conxunto. O concerto celebrarase ás 21 horas, con entrada de balde.
Riobó presenta o seu primeiro disco
Xénero: VIDEO + IMAXES
| 13 / 5 / 2011 +O apelido de Begoña Riobó, recoñecida violinista do panorama folk galego, sérvelle de nome á formación que lidera e mais ao primeiro disco da mesma. Riobó chega ás tendas da man de Zouma Records, e recupera melodías tradicionais con arranxos actuais dentro do estilo presentando 10 temas neste traballo. Para alén de Begoña, o grupo conta con Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e flautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (flautas e requinta). Begoña Riobó ten acompañado cos seus violíns de xeito habitual músicos como Carlos Núñez, Susana Seivane ou Anxo Lorenzo entre outros.
Berrogüetto é o único representante galego nos premios da música
Xénero:
| 28 / 4 / 2011A presenza galega entre os gañadores dos XV Premios da Música que restrinxida á categoría de mellor canción en galego. O Alalá da noite de Berrogüetto impúxose aos temas de Mercedes Peón, Cristina Pato e Rosa Cedrón que quedaron finalistas. Siniestro Total, que tamén optaba ao galardón, anunciara no seu web que renunciaba á súa candidatura ao considerar que tiñan máis dereito ao premio músicos que desenvolven a súa carreira integramente na nosa lingua. O tema gañador é da autoría de Manuel Rivas, Quico Comesaña e Xabier Díaz, e fai parte do seu último álbum Kosmogonías.
A volta á Idade Media
Xénero: VIDEO + IMAXES + AUDIO
| 26 / 4 / 2011 +A fronda dos cervos, o último disco do veterano grupo DOA recolle cantigas de amor, de amigo e de escarnio e maldicir. O CD inclúe no seu caderno textos explicativos de cada un dos temas e unha introdución á lírica galego-portuguesa da Idade Media asinada por Federico Pérez, tamén hai un limiar da poeta Eva Veiga.
Ampla representación galega no Festival de Lorient, que este ano honra ás diásporas célticas
Xénero:
| 19 / 4 / 2011A organización do Festival Celta de Lorient quixo dedicar este ano a todas esas comunidades que emigraron e levaron a súa influencia musical aos seus novos destinos (Estados Unidos, México, Canadá, Nova Zelanda…). Canda a orientación deste ano, haberá ampla participación galega. No escenario principal (Espace Marine) estarán Luz Casal (martes 9), as galegas afincadas en Bélxica, Ialma (mércores 10) e Carlos Núñez ( xoves 11). Completa a participación galega o grupo de Pablo Seoane, que estará no Palacio de Congresos o martes 9 de agosto. O festival de Lorient desenvólvese nesta 41 edición entre o 5 e o 14 de agosto.
Toxos e Froles recupera o congreso de música tradicional Terra de Trasancos
Xénero:
| 18 / 4 / 2011Levaba varios sen realizarse, pero a asociación Toxos e Froles acaba de anunciar que unha das súas iniciativas destacadas para este 2011 é a celebración do Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos. A cita comezará o vindeiro vernes 29 de abril en Ferrol e desenvolverase ata o sábado. Carlos Núñez será o encargado de abrir o encontro que, será de balde (previa inscrición en info@toxosefroles.com) e que contará con conferencias e concertos.
A Central Folque leva a cultura á praza de abastos de Pontevedra
Xénero:
| 8 / 4 / 2011Esta mesma mañá, os clientes da praza de abastos de Pontevedra asistirán a unha actuación de novo cirto. A iniciativa enmárcase no proxecto Arte Fresca do Día, que coordina a Central Folque e que levará cada venres ata o vindeiro 20 de maio diversas artes a este espazo comercial. Literatura oral, música tradicional, actividades para nenos e poesía completarán o programa.
25 anos de Luar na Lubre nunha lista de reprodución
Xénero:
| 5 / 4 / 2011É un dos poucos grupos galegos máis prestixiosos, canda a Siniestro Total, Los Suaves e Milladoiro, que conseguiu superar a barreira do cuarto do século. Luar na Lubre celebra nestes 2011 o seu 25 aniversario, e para acompañalos Bieito Romero, compositor e líder do proxecto, selecciona para nós os temas máis representativos da carreira do conxunto, nunha lista que podes escoitar en Spotify.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos