Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Pedro Álvarez Fariña faise co premio Mac Crimmon de gaita

O PRESTIXIOSO GALARDóN ENTRéGASE NO MARCO DO FESTIVAL DE LORIENT

Pedro Álvarez Fariña faise co premio Mac Crimmon de gaita

FOLK | agosto 9, 2011

imaxe non dispoñible

Se a edición desde ano do Festival de Lorient non tiña abonda presenza galega, catro galegos coparon os primeiros postos no prestixioso trofeo Mac Crimmon de gaita, na categoría de gaita galega e asturiana. O gaiteiro Pedro Álvarez Fariña foi o gañador desta edición do premio, antes coñecido como Mc Callan. Jesús Sánchez, Raúl Lacilla e Pablo Dalama completan o palmarés do país. Canda a eles, o noso país conta cun posto de 200 metros cadrados no evento, no que se celebrarán concertos de Ophiusa, Cantata Vernácula e Suso Ascariz. O concerto de Luz Casal, hoxe, canda ao de Carlos Núñez e Ialma, entre outros, completan a presenza galega no evento.