Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Os Cempés gravarán novo disco este inverno
Xénero:
| 22 / 9 / 2011Logo do seu retorno ao circuíto de concertos cunha nova formación, o coñecido grupo folk Os Cempés anuncian a gravación dun novo disco. Catro anos despois da súa despedida, a banda conta cunha formación na que se manteñen Serxio Ces, Antón Varela e Óscar Fernández e á que se incorporan Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso. Cun son máis acústico, no que cobrarán importancia a zanfona e o bouzouki, os músicos están a ensaiar dez novos temas que farán parte do seu vindeiro disco. Está previsto que as sesións de gravación comecen o vindeiro mes de decembro, e os membros do grupo toman como referencia do seu son o disco Circo Montecuruto. A banda pretende financiar este proxecto recorrendo ás contribucións de afeccionados.
Pablo Devigo repite como gañador do premio Constantino Bellón
Xénero:
| 1 / 9 / 2011Seis minutos foi o que precisou Pablo Devigo para encandilar ao xurado da XX edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón. Devigo converteuse por terceira vez consecutiva, no gañador do premio de composición de gaita por excelencia. Os músicos Pedro Álvarez de Nigrán e Daniel Lumbreras tamén foron destacados polo xurado.
O Ateneo Ferrolán entrega a Xosé Manuel Seivane a Gaita de Ouro
Xénero:
| 30 / 8 / 2011O seu traballo como artesán que, ademais, continúa un legado familiar a prol da música tradicional galega valeulle a Xosé Manuel Seivame Magide a Gaita de Ouro“Constantino Bellón 2011” . É un galardón que concede o Ateneo de Ferrol nun certame que tamén premia a composición para este instrumento. A súa XX edición, que permitirá coñecer ao galardón deste ano, desenvolverase ao longo da xornada de hoxe e de mañá. Sen embargo, nesta ocasión on se poderá interpretar a obra vencedora na última edición, As cousas de Sarabela de José María López Rodríguez xa que a complexidade das partituras e a falta de orzamento (precísase dunha formación sinfónica maior e con máis ensaios) obrigou a adiar esta cita.
O disco Meu Canto de Uxía entra no número 7 das listaxes europeas da World Music
Xénero:
| 12 / 8 / 2011É un disco composto por 15 cancións, gravadas no Brasil xunto con Jaime Alem e co que Uxía celebrou os 25 anos de carreira artística. Meu canto, título do traballo, acaba de entrar nas listaxes europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado votaron este proxecto que figura no número sete dese listado. Pero non é a única nova positiva para a cantante galega, xa que a revista británica SONGLINES incluirá o tema Os teus ollos na compilación que incluirá a revista no seu número de outubro.
Pedro Álvarez Fariña faise co premio Mac Crimmon de gaita
Xénero:
| 9 / 8 / 2011Se a edición desde ano do Festival de Lorient non tiña abonda presenza galega, catro galegos coparon os primeiros postos no prestixioso trofeo Mac Crimmon de gaita, na categoría de gaita galega e asturiana. O gaiteiro Pedro Álvarez Fariña foi o gañador desta edición do premio, antes coñecido como Mc Callan. Jesús Sánchez, Raúl Lacilla e Pablo Dalama completan o palmarés do país. Canda a eles, o noso país conta cun posto de 200 metros cadrados no evento, no que se celebrarán concertos de Ophiusa, Cantata Vernácula e Suso Ascariz. O concerto de Luz Casal, hoxe, canda ao de Carlos Núñez e Ialma, entre outros, completan a presenza galega no evento.
Carlos Núñez premiado co Casa dos Poetas pola súa promoción da música galega
Xénero:
| 22 / 7 / 2011O Padroado da Fundación Curros Enríquez decidiu onte concederlle a 27ª edición do Premio Celanova Casa dos Poetas ao gaiteiro Carlos Núñez. “A súa contribución á dignificación e á internacionalización da cultura galega a través dun instrumento tan propio da nosa tradición musical como é a gaita”. O gaiteiro recibirá o seu galardón o 4 de setembro cando recibirá unha escultura de Acisclo Manzano e un diploma.
O Festival de Ortigueira 2011 contará con 15 concertos
Xénero:
| 28 / 6 / 2011Cinco concertos cada noite entre os días 7 e 9 de xullo. Esta é a proposta do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que integra na súa programación figuras de peso internacional como The Elders, Skerryvore, Searson, Brian Finnegan big band ou David Pasquet. Canda a eles, poderán verse nomes coñecidos do noso panorama folk como son Berrogüetto ou Luar na Lubre, que acoden ao abeiro da programación do Ano da Música da Consellaría de Cultura. Canda a eles, o escenario da vila acollerá as actuacións do Proxecto Runas para grupos emerxentes, con Riveira, Stolen Notes e Ulträqäns a compeetir por se facer co premio desta edición, así como con The Crass, gañadores do ano pasado.
Unha semaniña de catro discos
Xénero:
| 23 / 6 / 2011O último álbum de Treixadura fecha un ciclo que coincide con vinte anos dos grupo e cunha tetraloxía discográfica, un proxecto pouco común no noso país. A seguir a liña de recuperación de cantos tradicionais e de taberna, o grupo combina agora o seu son co das bandas de música e outras corais nunha ambiciosa aposta que estará de xira polo país esta verán.
Instrumentos para as aulas
Xénero:
| 22 / 6 / 2011Dar a coñecer a grande variedade de instrumentos que existen no noso país aos máis novos. Esta é a proposta da Guía didáctica de instrumentos galegos que acaba de publicar Ouvirmos. O seu autor, Moisés Quintas fai un percorrido polos tipos e historia dos aparellos para facer música, achegando ademais exemplos do seu son.
Liorna presenta Sarahyba
Xénero:
| 9 / 6 / 2011Unha reescritura outorgándolle novos sons ás estruturas e temas dos seus comezos. Esta é a proposta que fai o grupo Liorna en Sarahyba, o disco que acaba de lanzar da man de Edicións do Cumio. O proxecto, que segue na liña folk habitual do grupo, presenta dez cancións nas que unha coidada instrumentación deixa espazo a xogos vocais, sempre partindo da tradición. Entre os temas inclúense dous que fixeron parte de Gallaecia, musical da Orquestra Sinfónica de Melide. Un concerto na Festa da Xuventude, o vindeiro 25 de xuño en Ardán é a primeira cita da xira de presentación, segundo anuncia o grupo no seu MySpace.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos