Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Anxo Lorenzo Trío leva o premio do público no Folkherbst Festival

O GRUPO GALEGO IMPúXOSE A UNHA FORMACIóN CHECA E UNHA IRLANDESA NESTE ENCONTRO EN ALEMAñA

Anxo Lorenzo Trío leva o premio do público no Folkherbst Festival

FOLK | decembro 2, 2011

imaxe non dispoñible

O público do Folkherbst Festival que se celebrou a finais do pasado mes de outubro en Alemaña, escolleu os galegos Anxo Lorenzo Trío como mellor grupo da última edición. O grupo deste gaiteiro actuou no evento o pasado 29 de outubro, conseguindo unha grande aceptación dos afeccionados no que é a principal cita de música folk en Alemaña. Nas votacións, os galegos impuxéronse á formación irlandesa Nua Caladh e aos checos Bezobratri. No próximo mes de xaneiro a banda voltará a este país para recibir o premio e ofertar un novo concerto en Plauen. O premio do xurado do festival foi para premio do xurado foi para os franceses Pad Prapad.