Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Real Banda de Gaitas celebra 25 anos cun CD e DVD

ÉXITOS NO MUNDO MESTURA TEMAS GALEGOS E DE DIFERENTES CULTURAS

A Real Banda de Gaitas celebra 25 anos cun CD e DVD

FOLK | decembro 28, 2011

exitos_no_mundo_realbandaOU.jpg

A celebrar 25 anos da súa existencia, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acaba de publicar Éxitos no mundo, un CD e DVD no que recolle unha selección de 30 temas. No mesmo pódense escoitar versións de melodías populares dos países que a formación visitou ao longo deste tempo, con cancións chinesas como Mo Li Hua, a exipcia Abd Al WahhÂ, Cantares de España, God Bless America ou a tonada australiana Waltzing Mathilda entre moitas outras. Canda a isto, a obra recolle melodías galegas e no DVD poden verse diferentes actuacións da formación desde os seus comezos. A obra está editada por Inquedanzas Sonoras e sae á venda por 16.95 euros.

datos do disco