Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Quiosco: Sons da Galiza
Xénero:
| 13 / 1 / 2011El Rincón de Morgan, Susana Seivane, Carlos Núñez e Berrogüetto centran os contidos da entrega de xaneiro de Sons da Galiza. A publicación, desenvolvida por Óscar Martínez, está dispoñible íntegra no web do proxecto.
Avelaíña presenta Ciclo, o seu cuarto disco
Xénero: VIDEO
| 28 / 12 / 2010 +Percorrer ciclos temporais a través da música, achegando ao ouvinte as sensacións do outono, a noite ou o San Xoán. Esta é a proposta que fai o grupo folk Avelaíña en Ciclo, o seu cuarto CD, con temas como Xoves, Xaneiro, Madeira ou San Xoán. O disco, que está dispoñible nas tendas, pretende ser a base dun futuro espectáculo escénico chamado O ciclo do Camiño no que a música se mesture con narracións, proxeccións e efectos lumínicos e sonoros.
A música tradicional reúne alumnos de tres países no proxecto Celtic Roots
Xénero:
| 9 / 12 / 2010O vindeiro 11 de decembro preséntase publicamente en Vigo o CD-DVD Celtic Roots. O lanzamento fai parte dun proxecto homónimo no que alumnos de tres centros educativos de Nigrán, Manchester (Reino Unido) e Bray (Irlanda) afondan nos elementos comúns das súas culturas. Para alén de realizar un diccionario, compartir obras literarias e desenvolver outras actividades de intercambio, os participantes gravaron este CD e DVD no que interpretan cancións folks e tradicionais de cada un dos seus países. O proxecto contou coa colaboración de e Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda
Luar na Lubre presenta Solsticio, o seu novo disco
Xénero: AUDIO
| 29 / 11 / 2010 +Dez anos despois da publicación de Plenilunio, Luar na Lubre presenta, o vindeiro 30 de novembro, Solsticio (Warner Music), un disco que o grupo considera que fecha un ciclo. A obra supón un retorno ás orixes acústicas e achega melodías desde a Idade Media ata a actualidade, co que queren "volver a definir Galicia e o seu espírito aberto a través da música". O disco, de quince temas preséntase en directo o vindeiro 2 de decembro en Alcalá de Henares. Entre outros, colaboraron no proxecto Miro Casabella, Nani García, Diana Navarro ou Pat Kilbride. Gravouse nos estudios Bruar. No seu My Space pódense escoitar xa algúns dos temas presentes na obra, como Ven bailar Carmiña e o Romance de Don Gaiferos.
Pesdelán presenta no Culturgal o seu primeiro disco
Xénero:
| 26 / 11 / 2010Este domingo ás 17 horas o Culturgal acollerá a presentación do primeiro disco de Pesdelán, Na punta do pé é o seu título. Trátase dun libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués. O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademais coas ilustracións do portugués João Vaz de Carvalho. Dous anos despois da súa creación esta é a primeira gravación desta formación cuxos compoñentes foron ou seguen a ser parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, Leilía, Alfolíes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán. A proposta didáctica de Na punta do pé está dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero:
| 25 / 11 / 2010A V Edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que estaba prevista para os días 3, 4 e 5 en Compostela, non se celebrará este ano. A Asociación de Gaiteiros Galegos denuncia hoxe no seu web que a falta de apoios da Xunta, logo de diferentes xuntanzas, lles fai imposible continuar a celebración deste evento. A Asociación salienta a importancia que acadara este evento desde a súa celebración e a grande participación en cada unha das edicións celebradas.
O gaiteiro Xabier Blanco leva o premio IAR de Folclore
Xénero:
| 24 / 11 / 2010O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro sábado 27 de novembro a entrega dos premios IAR de folclore galego na súa XIX Edición. Desta volta, o galardón foi para o gaiteiro Xabier Blanco, en recoñecemento ao seu traballo na recuperación de instrumentos pobres da nosa tradición e en particular encol da gaita de cana.
Fía na roca despídese cun concerto en Glasgow
Xénero:
| 21 / 10 / 2010Un concerto no festival Celtic Connections, en Glasgow, o vindeiro mes de xaneiro, porá fin á carreira musical do grupo Fía na Roca. Logo de 17 anos de traballo, os membros do conxunto anunciaron nun comunicado que, aínda que non desbotan a posibilidade de retornar no futuro, "agora precisamos un descanso para refrescar as ideas e atender outras iniciativas".
Mercedes Peón e Cristina Pato tocarán no WOMEX
Xénero:
| 15 / 10 / 2010Vaise coñecendo a representación galega que acudirá ao coñecido festival musical WOMEX, en Dinamarca. Hai uns días facíase público que a organización do encontro seleccionar a galega Mercedes Peón para actuar na sección principal do mesmo o vindeiro 28 de outubro. Canda a ela, Cristina Pato participará no concerto que a marca Sounds from Spain desenvolve o día 29 no escenario offWOMEX. Canda a elas, entre o 27 e o 31 unha delegación da Axencia Galega das Industrias Culturais participará no evento dentro do posto de Sounds from Spain e confirmaron tamén a súa presenza os selos Maré, Zouma, Nordesía e Fol, asi como Budiño e a promotora Articket. Os asistentes ao encontro poderán coñecer a música galega a través dun duplo CD que amosa unha selección de grupos de xéneros como o pop-rock, o jazz e a música tradicional e folk.
Noitarega presenta o seu novo disco XXI
Xénero:
| 17 / 9 / 2010Para conmemorar os seus 21 anos de existencia desde o 1989 até o presente a agrupación Noitarega ven de sacar o seu terceiro disco XXI (Autoedición). O disco propón vinte temas e foi gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta coas colaboracións de Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.
novidades discográficas
Alvela
FAIA
Feira
De Ninghures
Tradimensional
Ailá
Vinde todas
Carmela
BâNZô
Os do Fondo da Barra
REPORTAXE

Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos