Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A asociación cultural Leña Verde de Pol presenta o seu terceiro disco

A DEPUTACIóN DE LUGO INCLUIRá á FORMACIóN NO CICLO DE ACTUACIóNS DE VERáN NO SEU XARDíN

A asociación cultural Leña Verde de Pol presenta o seu terceiro disco

FOLK | marzo 15, 2011

not_18578.jpg

Con máis de 15 anos de traballo detrás a asociación cultura Leña Verde de Pol ven de presentar no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo o que é o seu terceiro disco A contratempo. Leña Verde está dedicada á promoción e recuperación do patrimonio inmaterial cultural galego, nomeadamente o musical e o seu grupo de folk mestura a música tradicional con arranxos propios e influencias de outras músicas do mundo, neste terceiro traballo o grupo gravou temas tradicionais así como composicións propias e é a primeira vez que contan con pezas cantadas, na voz de Noemi Basanta e Begoña Coya. Ademais, o disco ten a colaboración de moitas persoas como Naír García, membro do grupo de baile, ou o cantautor Dani Flaco, e os músicos Xaneco Tubío e Bruno Villamor e a gravación do disco, que se realizou nos estudos de Óscar Trigo. No acto de presentación o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, comprometeu a actuación de Leña Verde nos Xardíns da Deputación dentro do ciclo de actuacións de verán “Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación”. O disco pode mercarse na tenda virtual da asociación.

datos do disco