Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Toxos e Froles recupera o congreso de música tradicional Terra de Trasancos

CARLOS NúñEZ SERá O ENCARGADO DE ABRIR ESTES ENCONTROS

Toxos e Froles recupera o congreso de música tradicional Terra de Trasancos

FOLK | abril 18, 2011

imaxe non dispoñible

Levaba varios sen realizarse, pero a asociación Toxos e Froles acaba de anunciar que unha das súas iniciativas destacadas para este 2011 é a celebración do Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos. A cita comezará o vindeiro vernes 29 de abril en Ferrol e desenvolverase ata o sábado. Carlos Núñez será o encargado de abrir o encontro que, será de balde (previa inscrición en info@toxosefroles.com) e que contará con conferencias e concertos.