Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Ampla representación galega no Festival de Lorient, que este ano honra ás diásporas célticas

LUZ CASAL FIGURA NUN CARTEL NO QUE TAMéN ESTARá CARLOS NúñEZ, IALMA OU PABLO SEOANE

Ampla representación galega no Festival de Lorient, que este ano honra ás diásporas célticas

FOLK | abril 19, 2011

imaxe non dispoñible

A organización do Festival Celta de Lorient quixo dedicar este ano a todas esas comunidades que emigraron e levaron a súa influencia musical aos seus novos destinos (Estados Unidos, México, Canadá, Nova Zelanda…). Canda a orientación deste ano, haberá ampla participación galega. No escenario principal (Espace Marine) estarán Luz Casal (martes 9), as galegas afincadas en Bélxica, Ialma (mércores 10) e Carlos Núñez ( xoves 11). Completa a participación galega o grupo de Pablo Seoane, que estará no Palacio de Congresos o martes 9 de agosto. O festival de Lorient desenvólvese nesta 41 edición entre o 5 e o 14 de agosto.