Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A volta á Idade Media

DOA APOSTA POLA MúSICA TROBADORESCA EN A FRONDA DOS CERVOS

A volta á Idade Media

FOLK | abril 26, 2011

not_18810.jpg

A fronda dos cervos, o último disco do veterano grupo DOA recolle cantigas de amor, de amigo e de escarnio e maldicir. O CD inclúe no seu caderno textos explicativos de cada un dos temas e unha introdución á lírica galego-portuguesa da Idade Media asinada por Federico Pérez, tamén hai un limiar da poeta Eva Veiga.

Despois de moitos cambios desde os seus inicios en 1978 DOA está composto na actualidade por Xoán Piñón, Xaquín Branco e Bernardo Martínez, fundadores do grupo, aos que se suman Óscar Fernández na zanfona e mais a soprano Susana de Lorenzo, a máis recente das incorporacións ao grupo. A obra recupera temas da xira que o grupo realizara con Rosa Cedrón en 2005 co título Cantigalia. Cunha instrumentación rica que se afasta da habitual para este tipo de temas, o grupo achega unha visión persoal dalgunha das letras máis antigas da nosa lingua nos dez temas deste disco, editado por Fol. En breve o grupo iniciará as presentacións deste proxecto en espazos tan destacados como Igrexa de San Domingos de Bonaval (Compostela), ou a Peregrina (Pontevedra). Xoán Piñón fálanos polo miúdo do disco e da xira.

DOA
VIDEO | Verdes Herbas
MULTIMEDIA
DOA "Sediame eu na hermida de San Simon" Mendinho "unplugged"
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Porque no mundo mengou a verdade
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Levousa fremosa
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Verdes Herbas
AUDIO
Xoán Piñón explica A fronda dos cervos, de DOA
datos do disco
Ligazóns