Chega o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
setembro 26, 2011
Malia a que o ano pasado non se puido celebrar, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra, entre o 7 e o 9 de outubro, o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. A cita será no Auditorio de Galicia, en Compostela, e para alén de obradoiros formativos en diferentes instrumentos ou presentacións de novas obras sobre esta cuestión, abordaranse temas como métodos de ensino de gaita para os máis novos ou as posibilidades da música galega como terapia en idades temperás. Aínda está aberto o prazo para se inscribir e mais para presentar comunicacións a este encontro.
Tamén che pode interesar:
- 25/ 11/ 2010 | A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
- 28/ 10/ 2008 | Os profesores de Música Tradicional analizarán a presenza desta materia no ensino
- 10/ 10/ 2007 | O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo pasará a ser Escola
- 10/ 10/ 2007 | Xa está en marcha a preparación do segundo congreso de ensinantes de música tradicional
- 17/ 11/ 2006 | Os ensinantes de música tradicional reúnense por primeira vez para analizar o sector