Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O disco Meu Canto de Uxía entra no número 7 das listaxes europeas da World Music

A REVISTA SONGLINES INCLUIRá UN TEMA DO SEU úLTIMO TRABALLO NO NúMERO DE OUTUBRO

O disco Meu Canto de Uxía entra no número 7 das listaxes europeas da World Music

FOLK | agosto 12, 2011

imaxe non dispoñible

É un disco composto por 15 cancións, gravadas no Brasil xunto con Jaime Alem e co que Uxía celebrou os 25 anos de carreira artística. Meu canto, título do traballo, acaba de entrar nas listaxes europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado votaron este proxecto que figura no número sete dese listado. Pero non é a única nova positiva para a cantante galega, xa que a revista británica SONGLINES incluirá o tema Os teus ollos na compilación que incluirá a revista no seu número de outubro.