Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Balakandra debuta no mercado discográfico
Xénero:
| 24 / 5 / 2012Logo de oito anos de traballo nos escenarios, Balakandra presenta baixo o seu propio nome o que supón o debut discográfico desta formación de San Sadurniño. Con formato audiolibro, o traballo foi gravado nos estudios compostelans A Ponte da man de Tomás Axeitos, e os seus once temas afondan na mestura do folk con ritmos americanos coma o country ou o bluegrass, sen esquecer incursións na música latina. A formación, que xordeu da man de varios dos membros do grupo Saraibas, estreará ao vivo este proxecto cun concerto no Auditorio de Narón o vindeiro 27 de maio. Ademais da edición física, o disco estará dispoñible para escoita no web do grupo.
Uxía, Doa e Assembly Point fanse cos premios La Opinión de folk
Xénero:
| 18 / 5 / 2012O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollía na noite do pasado mércores 16 a gala dos XI Premios La Opinión de música folk. Uxía levou o galardón á mellor artista do ano, un premio no que tamén se recoñecen os seus vinte anos de traballo na música de raíz. Canda a ela, o grupo Doa viu galardoado o seu álbum A fonte dos cervos como mellor traballo do ano, mentres o tema Jumping Bits de Assembly Point foi recoñecido como mellor canción. Por vez primeira, os gañadores coñecéronse por vez primeira na gala, agás o premio Andaina Senlleira, que levou Fucxan os Ventos e que xa se coñecera con anterioridade.
Fuxan os ventos leva o V Premio Andaina Senlleira de La Opinión
Xénero:
| 20 / 4 / 2012A quinta edición do Premio Andaina Senlleira do xornal La Opinión recoñece a traxectoria de Fuxan os ventos. Segundo publica hoxe o xornal, a organización do galardón decidiu galardoar un traballlo que "vai alén do apartado estritamente musical" xa que "as letras das súas cancións nunca refugaron subliñar as problemáticas sociais e políticas existentes en Galicia". O grupo recollerá o premio na gala dos Premois Opinión de Música Folk, que se celebrará o vindeiro mes de maio. Precisamente en 2012 cúmprense 40 anos do nacemento deste grupo fundamental na historia da música tradicional do país.
A busca dunha tradición actual
Xénero:
| 12 / 4 / 2012Letras de Suso de Toro e de Antón Reixa. Toques africanos e brasileiros. Achegamentos ao rap, ao blues ou mesmo á electrónica. Sonche Atlántico supón a aposta máis experimental de Pancho Álvarez. O músico pasea polos ritmos das beiras do Atlántico ao longo de 12 temas nos que busca, segundo el, “reinterpretar a música da nosa tradición nos nosos días”. O álbum, editado por Fol, está dispoñible xa nas tendas e pódese ouvir e adquirir en diferentes plataformas dixitais, como Spotify.
Xa está á venda Vellas novas, o novo disco de Quempallou
Xénero:
| 2 / 4 / 2012O cuarto disco de Quempallou, Vellas novas está xa dispoñible en edición dixital e agárdase a súa chegada ás tendas a partir desta semana. O volume achega 12 novos temas nos que se mesturan letras tradicionais con novos arranxos e composicións propias, mantendo unha sonoridade na que percusións tradicionais, acordeón e cordas serven de base para frautas, gaitas e voz. No web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.
A editorial Canela dedícalle un libro-CD ao gaiteiro Nela de Bres
Xénero:
| 28 / 3 / 2012Manuel Enríquez Fernández, "Nela de Bres" é o título do libro-CD co que a Editorial Canela quere recuperar a figura deste gaiteiro do concello asturiano de Taramundi. A obra, de 200 páxinas, recolle artigos de Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Xerardo F. Santomé, Xosé Ambás, Luis Prego e Xabier Díaz, así como 125 fotografías do músico. Pola súa banda, no CD poden escoitarse 24 temas, sete deles inéditos, gravados polo propio Nela en colaboración con outros intépretes.
Quempallou chama a colaborar co xornal que acompañará o seu novo disco
Xénero:
| 21 / 3 / 2012Con ocasión do inminente lanzamento do seu novo disco, Vellas novas, o grupo folk Quempallou vai publicar publicar un xornal. Cun único número, a publicación quere contar coa participación do siareiros do grupo, a quen chaman a achegar mediante as redes sociais Twitter e Facebook anécdotas nas que o traballo de Quempallou teña un papel importante. Para alén de publicar todo o material recollido, as dez mellores historias serán premiadas cun disco e mais cun exemplar do xornal. O grupo achega no seu web dous temas como adianto do disco.
Grupos folclóricos da Coruña homenaxean a Choncha Martínez
Xénero:
| 16 / 3 / 2012O Concello da Coruña organiza, o vindeiro domingo 18 o primeiro Memorial Choncha Martínez. O evento centrado na danza tradicional, que comeza a partir das sete da tarde, contará coa participación da Asociación provincial de coros e danzas Eidos, o grupo Iar, Xacarandaina, a agrupación folclórica Aturuxo e mais o coro Cántigas da terra. Choncha Martínez foi unha das creadoras do Grupo de Coros e Danzas da Sección Femenina de Falanxe na Coruña, e desenvolveu un intenso labor de documentación e recuperación sobre o baile tradicional. Faleceu hai agora un ano na Coruña, aos noventa anos de idade.
O Plan Cultural de Pontevedra apoiará a 1.100 agrupacións
Xénero:
| 13 / 3 / 2012A Deputación de Pontevedra resolveu recentemente a convocatoria do seu Plan Cultural, polo que apoiará con máis dun millón de euros actuacións musicais e escénicas por toda a provincia. O programa afectará a 1.100 agrupacións, que a entidade estima que comprenden máis de 30.000 persoas. Un total de 168 corais, 127 grupos folclóricos, 120 grupos de gaitas, 108 de pandeireteiras, 104 de teatro e 79 kbandas de músicas son algúns dos beneficiados das axudas, que tamén chegan a grupos de rock, poetas, cantautores ou humoristas. Os cachés dos seleccionados oscilarán entre os 170 e os 600 euros por actuación.
O canto agochado entre pipotes
Xénero:
| 12 / 3 / 2012¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa está dispoñible na rede un Repertorio Tabernario cos ghits que mais soan onda os pipotes.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos