Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Plan Cultural de Pontevedra apoiará a 1.100 agrupacións

A DEPUTACIóN PATROCINA AS ACTUACIóNS DE GRUPOS MUSICAIS E ESCéNICOS EN TODA A PROVINCIA

O Plan Cultural de Pontevedra apoiará a 1.100 agrupacións

FOLK | marzo 13, 2012

imaxe non dispoñible

A Deputación de Pontevedra resolveu recentemente a convocatoria do seu Plan Cultural, polo que apoiará con máis dun millón de euros actuacións musicais e escénicas por toda a provincia. O programa afectará a 1.100 agrupacións, que a entidade estima que comprenden máis de 30.000 persoas. Un total de 168 corais, 127 grupos folclóricos, 120 grupos de gaitas, 108 de pandeireteiras, 104 de teatro e 79 kbandas de músicas son algúns dos beneficiados das axudas, que tamén chegan a grupos de rock, poetas, cantautores ou humoristas. Os cachés dos seleccionados oscilarán entre os 170 e os 600 euros por actuación.

A Deputación sinalou que en vindeiras datas manterá xuntanzas con algúns dos diferentes grupos seleccionados con vistas a ampliar, se é necesario, as contías asignadas. O programa da Deputación centra a súa acción en apoiar "a música, o folclore, o teatro, a danza e demais manifestacións artísticas".