Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Balakandra debuta no mercado discográfico

O PROXECTO MESTURA FOLK CON RITMOS AMERICANOS COMO O BLUES OU O COUNTRY

Balakandra debuta no mercado discográfico

FOLK | maio 24, 2012

capa_Balakandra.jpg

Logo de oito anos de traballo nos escenarios, Balakandra presenta baixo o seu propio nome o que supón o debut discográfico desta formación de San Sadurniño. Con formato audiolibro, o traballo foi gravado nos estudios compostelans A Ponte da man de Tomás Axeitos, e os seus once temas afondan na mestura do folk con ritmos americanos coma o country ou o bluegrass, sen esquecer incursións na música latina. A formación, que xordeu da man de varios dos membros do grupo Saraibas, estreará ao vivo este proxecto cun concerto no Auditorio de Narón o vindeiro 27 de maio. Ademais da edición física, o disco estará dispoñible para escoita no web do grupo.

MULTIMEDIA
Vídeo de Soleando, de Balakandra
MULTIMEDIA
Falsos con pedigrí de Balakandra
datos do disco